
lunes, 18 de mayo de 2026
Animación da man de Antonio García Teijeiro

lunes, 11 de mayo de 2026
CONCURSO "O Parque Nacional coa Escola"
O alumnado de segundo aceptou o reto e participou no concurso "O Parque Nacional coa Escola" do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e foi premiado cunha visita guiada á Illa de Ons cos guías do parque nacional o día 30 de abril.
Os contos premiados elaboráronse de xeito colectivo e neles participou o alumnado e as familias.
Os traballos están expostos no Centro de Visitantes do Parque Nacional de Vigo (rúa Oliva 3).
Adxuntamos como mostra un dos contos: "Lúa e os seus amigos mariños", que está elaborado con diferentes técnicas e inclúe unha maqueta dos personaxes do conto.
sábado, 9 de mayo de 2026
NOVO E ÚLTIMO RETO DESTE CURSO TAN ARTÍSTICO!
Castelao e Sr. Pérez volveron facer das súas e de novo pasaron polas nosas aulas deixándonos en primeiro lugar unhas palabras fermosos de agradecemento por todo o traballo realizado ó longo do curso.
E ademais, deixáronnos...
🎨🎶 O último reto da biblioteca! 🎶🎨
Este mes ímolo festexar a modo festival de música e danza. Para iso propoñémosvos gozar creando en familia: mergullámonos no universo de Wassily Kandinsky, onde as cores soan e a música se pode ver.
Podes investigar e desfrutar e para rematar, podedes xogar en Google Music Lab… e deixa voar a imaxinación! 🎵✨

Animádevos a participar e a pasar unha tarde diferente chea de ritmo, cor e imaxinación! ‼️🥳 ✨
viernes, 8 de mayo de 2026
NOVAS RECOMENDACIÓNS!
E seguen chegando recomendacións do noso alumnado....mais bookstelaos á vista!
"Los reptiles"
martes, 5 de mayo de 2026
RETO ABRIL.....MAIS RECOMENDACIÓNS!!
Que contentas estamos.....temos un alumnado de matrícula!!!!
Aquí vos deixamos mais recomendacións de lectura.
miércoles, 29 de abril de 2026
CONTINUAN CHEGANDO RECOMENDACIÓNS!!
Hoxe deixamos outras 3 recomendacións!
Abride ben as orellas e os ollos para no perdervos nada do que nos din.
jueves, 23 de abril de 2026
DÍA DO LIBRO
Que mellor maneira de festexar o día do libro coas recomendacións dos nosos pequenos grandes lectores do cole?
Aquí vos deixamos algunhas delas:
QUIEN SOY?
miércoles, 22 de abril de 2026
SABELA GAGO
A semana pasada rematamos coa visita de Sabela Gago, unha actriz teatral, mestra, contacontos e animadora de lectura infantil.
Presentou ao alumnado de 4°EP o seu conto estrela: "As tres galiñas e o rei" sen antes facer unha animación entre o alumnado para atraer a súa atención e centralos na posterior escoita a través de xogos de expresión oral.
Finalmente, Sabela estableceu un pequeno diálogo co alumnado no que se fixo alusión a roles de xénero así como aspectos de igualdade tratados no conto.
martes, 21 de abril de 2026
XORNAL DO COLE "POMBALEDUCA"
No mes de Marzo, como sabedes celebramos a semana da prensa, onde cada aula realizou diferenets tarefas en relación aos xornais, dende instalacións artisticas dalguns dos mais pequenos e motricidade fina ata grandes noticias.
Dende a biblioteca quixemos levar a cabo o noso propio fascículo que leva por nome "POMBAL EDUCA". Neste tomo participou todo o centro educativo. Cada aula escolleu unha muller relevante na historia, na ciencia, na arte ou noutros ámbitos, co obxectivo de darlle visibilidade ao papel das mulleres na sociedade.
O alumnado tivo que investigar sobre a súa vida e obra, buscar información en diferentes fontes, analizala e seleccionar os datos máis importantes. Despois, con toda esa información, elaboraron unha noticia xornalística sobre a muller escollida, traballando así a expresión escrita e o formato informativo.
Finalmente, coas noticias creamos o noso propio xornal que podedes atopar aquí abaizo e se o queredes ter nas vosas mans, na entrada do noso cole, no novo recanto de espera.
Unha vez mais levamos a cabo unha actividade colaborativa e enriquecedora para todo o alumnado.
lunes, 20 de abril de 2026
HOXE CONVIDAMOS A....
O xoves pasado tivemos a sorte de contar con Miguel Alonso Díaz con quen desfrutamos da súa obra Axencia Galega de asuntos máxicos e puidemos coñecer de primeira man o proceso creador desta marabilla de libro.
Un auténtico pracer de gozar desta experiencia
domingo, 19 de abril de 2026
RETO DE ABRIL---- LITERATURA
Esta semana Ratonciño Pérez e mais Castelao volveron facer das súas e tras o susto que nos deron petando forte nas portas deixáronnos este penúltimo reto. Nesta ocasión contamos coa arte da Literatura conmemorando así o día do libro. A primeira parte do reto o faremos todos xuntos nas aulas, pero se alguén quere, na súa casa, poderá escribirnos unha pequena recomendación do seu libro favorito. Animádevos a compartir novos títulos, non hai mellor cousa que difundir saber, transmitir coñecementos e aportar experiencias! 📚✨
sábado, 18 de abril de 2026
apadriñamento lector
Moi boas!
O mércores por fín puidemos levar a cabo o apadriñamento lector que se ía a celebrar por Rosalía, pero por motivos varios foise atrasando, pero non pasa nada, que para celebrar sempre hai tempo e ganas, e para ler moito máis.
Ademais xa estamos no mes do 📕 día do libro 📕así que con máis motivo festexámolo. O ambiente do cole foi un auténtico luxo e pracer. Sigamos desfrutando da lectura 📖📚✨
viernes, 17 de abril de 2026
RETO DE MARZO ...SUPERADO!
Olaaa!!! Aquí está unha pequena mostra das obras feitas polo noso alumnado superando así o reto de Marzo relacionado coa pintura.
Non hai reto que se nos resista!!
jueves, 9 de abril de 2026
NOVO RECANTO NA ENTRADA
Ola familias! Xa estamos de volta e querémosvos ensinar algúns cambios.
📚✨ NOVO RECANTO NA ENTRADA ✨📚
Dende a biblioteca creamos un pequeno espazo pensado para as familias 💛
Mentres esperades, podedes:
👉 Descubrir as novidades da biblio
👉 Botar unha ollada aos libros creados polo noso alumnado.
Un recanto para facer a espera máis doce e, ao mesmo tempo, compartir todo o que traballamos nas aulas 📖🎨
Agardamos que vos guste… e que o desfrutedes moito! 😊
lunes, 30 de marzo de 2026
EXTRA EXTRA! A PRENSA CHEGA!
O Venres, con motivo do mes da prensa fixemos o noso tradicional Kiosko da man de Farodevigo.
Grazas a esta actividade queremos continuar fomentando a lectura diaria acercando ó alumnado ós xornais e desenvolver neles o hábito de informarse, entender a actualidade, desenvolver o pensamento crítico e como non, preparar para a vida real, aprendendo habilidades prácticas como a compra - venta e a adquisición de bos modales nas relacións sociais.
miércoles, 25 de marzo de 2026
VISITA DE IRIA MISA
Hoxe, as nenas e nenos de 6º EP puideron desfrutar da escritora Iria Misa xunto o seu libro "Unha veciña de película" ocal nos previamente xa o leramos.
Foi un encontro onde aprendimos de primeira man por que escribiu este conto, relatounos curiosidades e despois puidemola encher de preguntas.
Unha xornada cun moi bo "sabor de letras"
Moitas grazas pola visita
!!
sábado, 21 de marzo de 2026
VISITA DE ÉRICA ESMORÍS
O martes coa visita de Erica Esmoris , a autora dos contos "Patio de luces" e "Erín e o lobo" que están lendo o noso alumnado de 4° e 5° respectivamente.
Foi un encontro onde escoitamos as súas motivacións e proceso creativo, e por conseguinte foi un gran impulso e ilusión cara nós para continuar lendo e escribindo.
MOITAS GRAZAS!
lunes, 16 de marzo de 2026
A BIBLIO ....NO TEATRO!
Onte a biblioteca púxose ...moi artística! 🎭
Cambiamos por uns intres as estanterías polo teatro para describir como as historias que lemos tamén poden subirse ó escenario e cobrar vida.
A obra ademais deixóunos unha bonita mensaxe: aceptar e valorar ás persoas tal e como sono, independentemente da súa orixe🌎
Dentro do noso PDI sobre a arte continuamos fomentando a lectura dunha forma diferente: lendo, imaxinando... E desfrutando do teatro!
domingo, 15 de marzo de 2026
8M
Moi boas pombaleiras e pombaleiros!
Nesta entrada queremos facer fincapé no 8M, pois non ten que quedar coma un día illado, senon que o 8M son tódolos días.
Nesta imaxe podedes ver como está decorado a entrada do noso cole onde podemos ver reflectido unha muller chea de flores e mais unhas marabillosas artistas que ademais de mulleres son Galegas. A maiores elas van acompañadas dalgunha das súas obras e mais hai uns QR os cales podedes dixitalizar para aprender mais cousas acerca delas. E quen sabe...igual tamén vos inspiran para a vosa creación do reto da biblioteca deste mes de Marzo, *a pintura* .
Un saúdo
viernes, 6 de marzo de 2026
VISITAMOS MUSEOS
OLA!
O outro día animámosvos a visistar a casa das artes para desfrutar en familia dunha xornadas nun museo e vistar obras de arte.
Por tal motivo fixemos esta presentación para que teñades mais información do que é un museo, que poder facer alí, qué tipo de museos hai e cales poder atopar en Vigo...
miércoles, 4 de marzo de 2026
RETO DE MARZO
Ola!! Xa está aquí Marzo e con el un novo reto dende biblioteca.
Propoñémosvos que vos mergulledes no mundo da pintura, cheo de luz e cor aproveitando que está a piques de chegar a primavera.
Ademais convidámosvos a visitar a casa das artes onde poder gozar coas obras de Laxeiro e Barreiro nestas datas e así inspiraros, pero sobretodo, para un tempo de lecer en familia.
A por todas artistas!
sábado, 28 de febrero de 2026
EXPOSICION DE ESCULTURAS E ARQUITECTURAS
Ola pombaleiros e pombaleiras!!! Antes de nada dicirvos que soamente temos palabras de admiración e orgullo cara vos, cara o noso alumnado! Deixáchenos abraidos coas vosas obras de arte tan espectaculares en relación coa escultura e arquitectura. Non dubidamos en ningún momento de vós, sabemos que sodes capaces disto e de moito máis, pero de verdade, que este reto sabiamos que era complexo pero superástelo con matrícula..
Grazas a vós, o noso cole é un auténtico museo e é moi pracenteiro ver como ides polos corredores observando todo.
Agora non baixedes o ritmo porque sodes incribles, demostráchedes que sodes capaces de calquera reto que se vos propoña...así que estade ben atentos porque en breve, Castelao xunto a Pérez deixavos un novo reto para o mes vindeiro.
un sasúdo!


.jpeg)

.jpeg)




.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)




















.jpeg)











