jueves, 30 de marzo de 2023

miércoles, 22 de marzo de 2023

Animación co Hematocrítico "Feliz Feroz"

Onte, día 21 de marzo, visitounos o Hematocrítico para o alumnado de 1º de Primaria co seu libro "Feliz Feroz".

Foi unha experiencia moi enriquecedora, xa que falou de como empezou a escribir, da orixe dalgunhas das súas tramas, das ilustracións...

Unha vez máis moitas grazas esperamos volverche a ver pronto na nosa biblioteca.

domingo, 19 de marzo de 2023

Repesca de xornais!

Como o prometido é débeda eiquí está o alumnado de 3 anos de Infantil e 5º e 6º de Primaria mercando o xornal.

Así damos por finalizada a semana da prensa... Pero seguide atentos porque estamos elaborando un xornal propio entre todo o alumnado do centro.

Pronto veredes o resultado final. Ficade atentos!!!

domingo, 12 de marzo de 2023

DESAFÍO 3

Bo día, xa estamos eiquí con dous novos desafíos para esta quincena.
Primeiro imos desvelar as respostas correctas dos desafíos anteriores. 

          RESPOSTAS DESAFÍOS NÚMERO 2
                         DESAFÍO VERDE

                 
                   DESAFÍO AMARELO



NOVOS DESAFÍOS

DESAFÍO VERDE 


DESAFÍO AMARELO


Lembra poñer a túa resposta, xunto co teu nome,  apelidos e curso na caixa de correos situada na      entrada da biblioteca.                                             
O prazo remata o 24 de marzo.                              
Moita sorte

sábado, 11 de marzo de 2023

Semana da Prensa

Como vén sendo habitual na semana da prensa terminámola montando o noso quiosco.

Este ano como novidade batemos un récord de venda, 125 xornais!

Esgotáronse moi cedo e o alumnado de 5° e 6° de Primaria xunto cos nenos/as de 3 anos de Infantil non puideron levar o xornal para as súas casas.

Pero non hai problema xa que para a semana que vén  vólvese montar o quiosco para este alumnado.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

miércoles, 8 de marzo de 2023

8 de Marzo

O día da muller traballadora conmemora a loita da muller a través do tempo por gozar dos mesmos dereitos que os homes e o mesmo recoñecemento na sociedade. A pesar de que isto mellorou hoxe en día, seguen existindo situacións de discriminación e mesmo de maltrato.

Por iso hoxe no colexio fixeron diversas actividades a prol deste día:


lunes, 6 de marzo de 2023

Obradoiro de rap

Hoxe o alumnado de 6º tiveron o pracer de contar cun obradoiro do Rap, onde Pedro pediulles ao alumnado que escribisen nun papel unha palabra para ao finalizar o taller compoñer un rap.

Como toma de contacto, preguntou a rapazada se sabían que era o rap, e en que se diferenciaban de cantar recitar ou poesía.

Tamén puxo vídeos para escoitar exemplos de rap, e explicar as características que debe ter, como o ritmo, compás, entre outras moitas cousas.

Moitas grazas pola túa participación! Esperamos verche pronto na nosa biblioteca.

miércoles, 1 de marzo de 2023

Miguel Ángel Alonso

Hoxe o alumnado de 6° de Primaria tivo a oportunidade de gozar co autor Miguel Ángel Alonso.

Estiveron traballando unha chea sobre o libro "O país da choiva" e fixeron unha investigación  acerca do autor e do libro.

A rapazada tamén puido resolver moitísimas curiosidades e dúbidas con Miguel.

Esperamos verche pronto na nosa biblioteca