A semana do 23 de outubro ao 26, inauguramos a nosa biblioteca.
Este ano, o tema elexido son os nosos bosques e a natureza: "NO POMBAL, LEMOS EN VERDE".
Por iso, todas as zonas preto da biblioteca están decoradas con esta temática.
Dentro da biblioteca xa estaba todo preparado agardando polos nosos nenos e nenas.
As mochilas viaxeiras con un montón de novidades e Castelao e o Rato Pérez impacientes porque chegara este día.
PAPEL DE AGASALLO FEITO CON ALGODÓN DE ROUPA RECICLADA |
LIBROS CON TEMÁTICA DA NATUREZA, RECICLAXE... |
Este ano temos algunha novidade.
O Rato Pérez elexiu a nosa biblioteca para quedar a durmir aquí, xa que pola noite ten moito traballo recollendo dentes.
Outra novidade é a maleta "NÓS TAMÉN CONTAMOS". Nela están todos os libros que recopilan o traballo feito polos nenos e nenas estes últimos anos na biblioteca.
Esta maleta pasará por todas as aulas para que poidan ver todos estes traballos.
Este ano teremos moi presente o coidado dos nosos bosque e en especial a reciclaxe.
O día da inauguración , poideron ver unha bolsa feita con roupa reciclada e que si a plantamos nace unha gramínia.
Aos nenos e nenas chamoulles moitísimo a atención, como de algo que non serve, se lle pode dar outra "vida".
O primeiro día que baixaron os nenos e as nenas a biblioteca, xa fixemos a formación de usuarios.
Este ano quixemos facer fincapé na figura de Castelao, polo que nos centramos un pouquiño máis na vida deste escritor.
No cole, cada neno e nena que quixo, puido "adoptar" un carballo para levalo a súa casa.
As landras foron plantadas o curso pasado en diferentes semilleiros para repoboar os os bosques despois dos incendios que houbo na nosa cidade e arredores.
Como sobraron moitos carballos, déuselle a opción aos nosos nenos e nenas que os "adoptaran."