lunes, 27 de febrero de 2023

Rosalia de Castro

Rosalía de Castro para Galicia é algo máis que  unha escritora.

Por iso no colexio estamos a traballar unha chea acerca da  autora, dende infantil ata primaria.

Eiquí podedes ver todo o que fixemos en honra a ela.

Non esquezades visitar o blogue de Normalización lingüística onde nos dan información acerca de Rosalia.

 http://medrandocoanosalingua.blogspot.com/

domingo, 26 de febrero de 2023

DESAFÍO 2

Ola, xa estamos eiquí outra vez con dous novos desafíos. Como sempre, verde para os máis pequenos e amarelo para os máis grandes. Seguro que vos "comeredes o coco" para resolvelos.
Veña, a por eles!!


Pero, antes de nada, queremos darvos unha moi boa nova: xa estamos preparando XOGOS  VIRTUAIS
relacionados co tema troncal (PDI) deste curso: 
            "Sementamos futuro no Pombal".
Podedes divertirvos mentres aprendedes con xogos de memoria de pares iguais, o aforcado, queres ser millonario, sopas de letras, quebracabezas, persecucións no labirinto, acertixos de imaxes... e moitos máis.                         
                Seguro que vos sorprenderán!!
Podedes empezar dende a páxina de inicio deste blog buscando a páxina "Xogos virtuais" ou pinchando eiquí  
        
Pero antes queredes saber a resposta correcta do desafío anterior, non si?, pois eiquí a tedes..

SOLUCIÓN DESAFÍO 1 VERDE


          SOLUCIÓN DESAFÍO 1 AMARELO


E agora, os novos desafíos. 

                       DESAFÍO 2 VERDE


              DESAFÍO 2 AMARELO


Como vedes, son un pouquiño máis difíciles, pero estamos seguras de que para vós serán "pan comido". 

Tedes ata o venres 10 de marzo para meter as vosas respostas na caixa de correos da biblio. 

        Seguinte reto, o luns 13 de marzo.

Moita sorte!!

     Unha aperta das profes do equipo de biblio 

sábado, 25 de febrero de 2023

Celebramos o entroido no Pombal!

A semana do 13 ao 17 de febreiro foi moi emocionante xa que celebramos o entroido! 

Os días previos fixemos caso ás ordes do meco!


O venres despois de moitísimo tempo volvemos desfilar pola peonil do Calvario.

Infantil:"Labregos e labregas"

1º primaria : "Mochilas futuristas"

2º primaria: "Chefs e nutricionistas do futuro"

3ºe 4º de primaria: “F.F.Frigofuturo"

5º de primaria: "Profesións no futuro"

6º de primaria A: "Doutores/as"

6º de primaria B: "Deseñadores/as do metaverso"

Eiquí tedes unha mostra do ben que o pasamos:


Como non podía ser doutra forma a profe Montse sempre sorprendéndonos co seu disfrace:

Finalmente o grupo de mestres tamén quixemos disfrazarnos:

Visita á biblioteca Neira Vilas

Os maiores do cole visitan a biblioteca Neira Vilas de maneira presencial despois de moitísimo tempo.
En primeiro lugar a rapazada de 6º B contou a súa propia experiencia. 

Mirade, mirade o seu relato e que ben o pasaron:
"Hoxe fomos a un mundo extraordinario onde podes viaxar a través do tempo, viaxar a outras Galaxias e todo isto sen moverte do teu sitio.
Non, non fomos a un sitio que non esté ao teu alcance, fomos á biblioteca Neira Vilas, onde Mar (a bibliotecaria) ensinounos a apreciar o que está ao noso redor, específicamente o universo e as persoas que descubriron estas marabillas.
Por exemplo, explicounos que os nomes dos planetas e dos días da semana asócianse a nomes de deuses ou ás constelacións.
Agasallounos cuns planisferios e ensinounos cando o home chegou por primerira vez á lúa. En xeral a todos nos encantou."


Tamén os máis cativos do cole   visitaron a biblioteca Neira Vilas onde Noelia ou Mar  contoulles moitas cousas  relacionadas co universo.


Grazas pola gran acollida que nos dades sempre!!

miércoles, 15 de febrero de 2023

"Sementamos futuro no Pombal"

Eiquí podedes ver parte do noso traballo sobre o lema da nosa biblioteca  "Sementamos futuro no Pombal". Como vedes estamos a traballar unha chea! 

Os máis cativos foron ao horto e os maiores fixeron unha serie de murais, entre outras moitas cousas!





O alumnado de 6º B tamén traballaron arreo!


lunes, 13 de febrero de 2023

Hoxe Visítanos...María Canosa

Hoxe 13 de febreiro foi un día especial para o alumnado de 3º de Primaria xa que veu ao cole María Canosa para falarnos do seu libro " O que nunca che contaron"


Asinou tamén o libro de honra que temos na biblioteca e os pequenos gozaron unha chea.


Que mañá tan interesante!

Día mundial da radio

 Hoxe é o Día Mundial da radio! E como xa sabedes participamos na 12º edición de Ponte nas ondas cos nosos " versos pola Paz" e " Vida de Malala" polo alumnado de 5º de Primaria.


Aquí deixámosvos información sobre este día:

https://www.unesco.org/es/days/world-radio

Non olvidedes de seguir en directo as distintas emisións nas que se están a celebrar e máis concretamente aos nosos podcasts participantes:

http://www.escolasnasondas.com/

http://escolasnasondas.com/ceip-opombal-vigo-para-o-dia-mundial-da-radio-2023.

viernes, 10 de febrero de 2023

Xornadas de Biblioteca creativa

 Hoxe Jorge, está en Santiago  representando ao colexio nunha formación sobre bibliotecas creativas.

Está aprendendo unha chea sobre a impresora 3D, escornabots, creacións de laboratorios cidadás, experiencias doutros centros entre outras moitas cousas.

Bo traballo!!

Día internacional da muller e da nena na ciencia

O día 11 de febreiro celébrase  o día da muller e da nena na ciencia, e no cole festéxase mediante experimentos: mesturando cores, facendo neve, sendo doutores, entre outras moitas cousas.




Seguimos avanzando!!


jueves, 9 de febrero de 2023

Formación de radio

O día 8 de febreiro foi un día moi emocionante para profesorado e o alumnado de 5º de primaria xa que tivemos a sorte de contar con Damián Alonso de "Ponte nas Ondas".

Como bos locutores de radio primeiro hai que saber un pouco de teoría para poder levar á práctica e crear o noso propio programa. Así que a rapazada de 5° púxose ao choio e adiante.

Tamén fixeron uns exercicios de voz cun bolígrafo na  boca.

Despois fixeron a súa propia escaleta para por fín gravala. Nela  contaron anécdotas do colexio, curiosidades, entre moitas outras cousas.

Por outra banda pola tarde o profesorado do centro tamén tivemos a oportunidade de formarnos con Damián onde aprendemos moitas cousas da radio, como a edición en Audacity e sobre todo como levar a cabo a radio co noso alumnado.







Moitas grazas Damián pola formación! Foi xenial!


lunes, 6 de febrero de 2023

Semana da Paz

 Esta semana traballamos unha chea polo día da Paz.

Como en todos os eventos, na biblioteca podedes atopar diferentes libros relacionados coa paz.


Nesta semana do 30 ao 4 de Febreiro  propúxose a actividade " Versos pola Paz" e cada curso de maneira voluntaria podía gravar uns versos na nosa radio.

Eiquí  tedes algunha mostra da elaboración dos versos pola paz.

Tamén o alumnado de 5º de primaria estivo a falarnos da vida de Malala.




Finalmente queremos contarvos que temos unha sorpresa! E...é que estos dous podcasts ímolos enviar a " Ponte nas ondas" para participar na 12º edición do Día Mundial da Radio.

Así que estade moi atentos porque o 13 de febreiro emitarán os nosos podcasts na súa canle!

NOVOS DESAFÍOS CURSO 22-23

Voltamos cos desafíos que tanto vos gustaron o curso pasado. Lembrámosvos as normas para que fagades todo de marabilla...aínda que xa tedes experiencia, non si?

Haberá 2 cores: 


                            Para infantil, 1º, 2º e 3º de primaria


                                        
                                     
                                   Para 4º, 5º e 6º de primaria


      Seguro que tes moitas dúbidas, verdade?, pois sigue lendo...

           

CANDO?                               

Cada 15 días publicaranse dous novos desafíos e as solucións dos anteriores. Tamén  seredes informados das datas de inicio e fin de cada un.

                        ONDE?

_ Nas corcheiras do cole, situadas estratéxicamente para que todos e todas poidades velas:
         Entrada principal do edificio novo
         Baixada ao comedor 
         Entrada dereita do edificio antigo
         Entrada esquerda do edificio antigo
_ Neste blog  
_ Nas redes sociais da biblioteca e do cole

                          RESPOSTAS AOS DESAFÍOS

Escribirás ou debuxarás (según mande o desafío) a túa resposta nun papel de tamaño cuartilla (1/4 de folio). Lembra poñer tamén o teu nome, apelidos e curso na parte de atrás. Meterás a túa resposta na caixa de correo  dos desafíos (buzón) que estará na entrada da biblioteca.

           Aquí tes que introducir a túa resposta

                                           


Haberá sorpresas a final de curso para os/as participantes.
Veña, anímate a participar, aprenderás unha morea de cousas sobre as plantas, o horto, a ecoloxía e a natureza. 


                         Estes son os 2 primeiros desafíos...
            Desafío 1: dende o 6 de febreiro ata o 20 de febreiro 





Esperamos as vosas respostas. Veña, animádevos a participar, son moi faciliños e aprenderedes unha morea de cousas sobre as plantas, o horto, a ecoloxía e a natureza.  E alimentádevos ben para ir  nutrindo a vosa mente, porque os que temos preparados van ser moito máis difíciles.
Ah!!, en breve tamén poderedes aprender mentres vos divertides cos novos xogos virtuais que estamos a preparar. 


sábado, 4 de febrero de 2023

Logo da radio

 Xa temos o logo da radio dixitalizado. Mirade que ben quedou!


Velaquí os logos dos demais participantes que, como vedes, foi unha tarefa difícil para o equipo de biblioteca.


   Parabéns a tod@s os participantes.