viernes, 21 de junio de 2024

DERRADEIROS OBRADOIROS DESTE CURSO DE BIBLIOTECA CREATIVA

Estas foron as derradeiras actividades de biblioteca creativa deste curso. Nesta ocasión participaron nenas e nenos de 3º e de 6º de primaria.

Os de 3º realizaron actividades con scratch, un motor de videoxogos cuxa principal característica é que permite o desenvolvemento de habilidades mentais mediante a aprendizaxe da programación sen ter coñecementos profundos sobre o código. A rapazada aprende conceptos relacionados cos computadores e outras habilidades relacionadas coas novas tecnoloxías e outras áreas de coñecemento. Tamén poden crear historias animadas ou minivideoxogos.








E, os de 6º experimentaron con tinkercad, un programa de impresión e deseño en 3D para crear xoguetes, prototipos, figuras, etc. Neste caso deseñaron, crearon e imprimiron na impresora 3D uns bonitos chaveiros personalizados. Mirade que bonitos quedaron.
















PREMIOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN NOS DESAFÍOS

Para rematar como é debido, nesta derradeira semana do curso houbo grandes premios para os nenos e nenas que participaron en todos os desafíos. Recibiron bonitos agasallos, como un libro para crear os seus propios comics, unha libreta espía, un boli de baby Yoda e unhas gomis. Quedaron encantados.

Mirade as fotos...







Anímaste a participar nos desafíos do curso que ven?

miércoles, 5 de junio de 2024

ANIMACIÓN A CARGO DE ANDREA MACEIRAS


Ola de novo. 
Xa chegamos á derradeira animación deste curso. Nesta xornada, a rapazada de 6º de primaria tivo a sorte e o pracer de recibir a Andrea Maceiras. 
Ademáis de ser escritora infantil e xuvenil, é profesora na Facultade de Ciencias da Educación na Universidade da Coruña. 
Acumula unha morea de premios literarios, entre eles o premio dos clubes de lectura da Consellería de Educación como autora máis lida.
Se queres saber máis sobre Andrea Maceiras, 
pincha no enlace