Esta semana Ratonciño Pérez e mais Castelao volveron facer das súas e tras o susto que nos deron petando forte nas portas deixáronnos este penúltimo reto. Nesta ocasión contamos coa arte da Literatura conmemorando así o día do libro. A primeira parte do reto o faremos todos xuntos nas aulas, pero se alguén quere, na súa casa, poderá escribirnos unha pequena recomendación do seu libro favorito. Animádevos a compartir novos títulos, non hai mellor cousa que difundir saber, transmitir coñecementos e aportar experiencias! 📚✨

.jpeg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario