domingo, 30 de abril de 2023

Animación de Sara Laya

Onte Infantil tivo a oportunidade de poder contar coa animadora Sara Laya. 

A rapazada quedou asombrada xa que Sara trouxo varias caixas de onde saía creatividade, aprendizaxes, fantasía e por suposto moitas historias!!!.

Moitas grazas pola túa visita, foi un verdadeiro pracer. Esperamos verche pronto!

jueves, 27 de abril de 2023

Obradoiro de radio

 Hoxe a rapazada de 5º de Primaria tivo a sorte de contar con Pedro Iglesias que asistiu a formación de radio.

Aprenderon aspectos básicos de radio que logo plasmaron nunha gravación. Tamén aprenderon a editar co programa Audacity.

Moitas grazas Pedro pola túa visita!!! Vémonos pronto!

domingo, 23 de abril de 2023

Visita de Manuela Varela

O pasado venres tivemos o pracer de contar coa animadora e actriz Manuela Varela.

Está animación sae do contrato-programa Iguala-T no que están a traballar o alumnado de 3º e 4º de Primaria.

Estiveron reflexionando sobre o que se considera machismo, igualdade...dando exemplos concretos de actuacións que se inclúen dentro disto.

Tamén estiveron gozando da súa gran actuación e relato de dous libros: " Daniela pirata" e "vivan as uñas de cores!

Moitas grazas Manuela Varela por vir o noso cole! 


Aquí tedes un par de vídeos do transcurso da animación.



sábado, 22 de abril de 2023

O XORNAL DO POMBAL

Como vos comentamos anteriormente todo o alumnado elaborou un xornal común. Aquí podedes ver o resultado!

Tamén atópase en formato dixital se clicades na imaxe.


Gózalo!!

Semana do libro

Como ben sabedes esta semana celébrase o día do libro! Nós faremos a activdade dos padriños lectores o luns 24 de abril.

Nesta semana os padriños e madriñas xa están a coñecer aos seus afillados.

Convidámosvos a ir a dar un un paseo ao Pazo da Cultura en Pontevedra para ver o XXIV Salón internacional do libro infantil e xuvenil.

Tedes dende o 21 de abril ao 7 de maio para ir.

Se clicádes na imaxe tedes a ligazón con todo o programa!

domingo, 16 de abril de 2023

DESAFÍOS 4

 Bo día, despois das vacacións de Semana Santa,  voltamos con novos desafíos, os número 4.

Pero nesta ocasión con............... AGASALLO SORPRESA PARA OS PARTICIPANTES.

Así que xa sabes, non esperes máis, "cómete o coco" un pouco e participa. Lembra poñer ben clariño o teu nome e apelidos e o teu curso para poder recibir o teu agasallo sorpresa.

Pero, como sempre,  imos antes desvelar as respostas correctas dos desafíos número 3. 


          RESPOSTAS DESAFÍOS NÚMERO 3
                         
                            DESAFÍO VERDE 

DESAFÍO AMARELO

NOVOS DESAFÍOS

DESAFÍO VERDE

DESAFÍO AMARELO 

                O prazo remata o venres 28 de abril.                                       

sábado, 1 de abril de 2023

Encontros Santiago

Rematamos ó trimestre en Santiago nos encontros de bibliotecas escolares!!

Foi unha xornada chea de experiencias tanto de profesionais como de centros educativos.

Ademais tivemos a oportunidade de compartir un xantar con todos os coordinadores de biblioteca dos distintos centros de Galicia que forman parte do PLAMBE.

Vémonos a volta!