lunes, 27 de noviembre de 2023

DO COLE Á RADIO...DE VERDADE (5 anos)

Ola de novo.

Hoxe, luns, 27 de novembro, os nenos e nenas de 5 anos visitaron as instalacións de ONDA CERO RADIO  da rúa García Barbón e participaron en vivo e directo, xunto coas súas profes, no programa "más de uno". Moi contentos-as sentáronse nunha gran mesa, enfundáronse os cascos e achegáronse aos micros. Falaron co locutor do programa e ata cantaron unha bonita canción.

Eiquí deixamos un enlace do programa, pinchade na orella e

            ESCOITADE CON ATENCIÓN


Para aproveitar moi ben o paseo, tamén visitaron a estación de Renfe de Guixar. Moi amablemente e con moita paciencia, este home do chaleco verde guiounos na visita pola estación e explicoulles unha morea de cousas moi interesantes sobre este medio de transporte tan popular: os andéns, as pantallas que anuncian chegadas e saídas, onde van os trens e de onde veñen. Tamén subiron a un tren e vírono por dentro....Vaia sorte teñen algúns!!!











Vémonos moi pronto.
Unha aperta



lunes, 20 de noviembre de 2023

A PRIMEIRA VEZ NA BIBLIO (3 anos)

Ola de novo. 

Desta vez queremos presentarvos aos novos socios e socias da nosa biblioteca, os máis peques do cole, que a semana pasada visitáronnos por primeira vez e así coñeceron a Castelao e ao rato Pérez.

Portáronse moi ben e aprenderon as normas básicas da biblio: non levantar a voz, non correr, colocar os libros no seu estante e co lombo cara afora, cales son os libros que poden levar á casa e en que andeis están e deixar todo no seu lugar e ordeado antes de marchar. 

Estas normas son moi importantes, xa que a biblio é un lugar común, no que temos unha morea de materiais (libros, comics, revistas, xogos e accesorios da caixa de luz, xogos de mesa, xogos de robótica, creativos....) que deben estar ordeados para que todos poidamos disfrutar dela.

Tamén se puxeron moi contentos, pois Castelao e o rato Pérez deixaron un agasallo sorpresa que lles encantou: un identificador de maletas!!!....para cando viaxen polo mundo coa súa mochila ao lombo.









E, para que nos queden ben claras as normas da biblioteca, os máis expertos do cole, os rapaces e rapazas voluntarios de 5º e 6º, fixeron un simpático e didáctico vídeo.

      Pulsade na imaxe  👇 para poder ver o vídeo

      

Vémonos pronto.

miércoles, 8 de noviembre de 2023

SEGUIMOS VIAXANDO (2º e 5º de E.P., 5 anos E.I.)

 Ola de novo.

Continuamos coas nosas viaxes, e con outras novidades, isto é un "non parar". 

Cada clase irá poñendo na corcheira da entrada principal do cole a bandeira e unha imaxe representrativa do país que están a traballar, ademais un medio de transporte coa foto de todos os viaxeiros e viaxeiras do grupo. 


Tamén inauguramos as exposicións temporais, é dicir, as clases que o desexen poderán mostrarnos os seus interesantes traballos, así poderemos aprender          moitísimas cousas do mellor xeito: lúdico e visual.
Os primeiros foron a rapazada de 5º de primaria, que están a traballar nun proxecto sobre o sistema solar: estrelas, planetas, constelacións.....
                          ESPECTACULAR!!      
    


E agora un pequeno vídeo sobre os países que visitamos esta semana coa rapazada de 2º de primaria e de 5 anos de infantil. Que países serán? Mirade o video se queredes sabelo👇


Gustouvos, verdade?
Pois esperade aos da semana que ven!!!