sábado, 26 de octubre de 2019

BUSCANDO TRANQUILIDADE PARA LER

Saben que hasta xaneiro non estará ordenada e bonita, pero nos recreos veñen ler á biblio entre caixas e moreas de libros para expurgar.





viernes, 25 de octubre de 2019

SAMAÍN


Aínda que non entredes...., poremos un expositor na entrada da biblioteca con diferentes libros relacionados coas celebracións que traballemos no cole.















martes, 22 de octubre de 2019

O vindeiro xoves, 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas Escolares.
O lema para este curso 2019/20 é      " Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía".
Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villar quen interpreta o lema e ofrécenos unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar.
Intervir na biblioteca escolar (nos seus espazos,nos seus tempos,nos seus recursos e actividades) ten consecuencias para o alumnado e para a comunidade educativa.
Cómpre unha reflexión sobre a distribución dos espazos, a organización dos tempos, a selección dos recursos e, moi especialmente, sobre o enfoque das actividades, co fin de que a biblioteca
Resultado de imagen de bibliotecas escolares de galiciapoida facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento, o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación, a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal.



jueves, 17 de octubre de 2019

TEMPO DE CAMBIOS!!!

Ola nenas e nenos!.
Non pensariades que nos esquecéramos de vós?.
O que pasa é que este ano haberá moitos cambios na biblio.

Cando a inauguremos, atoparedes zonas novas para o voso disfrute.

Todo comenzou polo mes de xullo...

Fixemos limpeza no cuarto de audiovisuais e tiramos ao lixo moitas cousas que xa non servían.
Aquí vos deixo unhas fotos.






















Como comprenderedes hai moito traballo por facer, polo que durante o primeiro trimestre a sala da biblioteca estará pechada, pero non así as actividades.

 As mochilas viaxeiras sairán rumbo as vosas casas en breve e o préstamo de libros o faredes nas vosas aulas.





Co ano novo, agardamos poder sorprendervos con todas as novidades que Castelao e o rato Pérez están a preparar.



Castelao e o rato Pérez.