martes, 21 de junio de 2022

FELIZ VERÁN


Despedimos este curso coa última actividade organizada dende a biblio do cole: O MERCADILLO SOLIDARIO.


O xoves 16, a protectora Os Biosbardos estivo cos máis peques do cole contándolles un pouco sobre o traballo que están a facer no refuxio.






    






Para 5º e 6º, o voluntariado do Banco de Alimentos de Vigo , explicoulles aos máis maiores do cole, a importancia de poñerse na pel das persoas máis necesitadas para lograr así unha igualdade social.





    





 E agora ... déixovos o vídeo do mercadillo:




O martes 21 o alumnado de 4º A representou unha obra de teatro ao alumnado de 5 anos e a 1º de primaria .
Aquí temos a Artur e Clementina!!!




Despois da actuación, unhas tartarugas de agasallo para estas actrices e actores tan experimentados.








Lupe (4ºA) transcribiu todo o libro de Arturo e Clementina a braille. En agradecemento deste esforzo, a biblio agasallouna con diferentes papeis de texturas e material para que poida facer os seus propios textos en braille.






                                                             

















E PARA REMATAR...


 DEIXAMOSVOS UNHAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN 2022.

 






O Equipo da biblioteca, desexámosvos a todas e a todos un ...

















lunes, 13 de junio de 2022

ATENCIÓN !!!


Pechamos as animacións por este curso coa visita de María Canosa.




Os nenos e nenas de 2º de primaria traballaron o seu libro: " O día que choveu ao revés"







                      



       












e o alumnado de 4º de primaria, "Rubicundo". 




   

                




                                                








E agora ...








Xa vos fixastes nos carteis que puxemos polos corredores, baños, portas etc... anunciando a IV Feira do Libro do cole?
Este ano imos facer un mercadillo solidario, colaborando coa protectora de animais Os Biosbardos e o Banco de Alimentos de Vigo.


                                                                  


O alumnado de 6º na hora do recreo coa profe Montse, clasificou os libros por idade e contou cantos hai, xa que a cambio de comida para a protectora ou o banco de alimentos, poderedes levar tres libros.






TEMOS UN POUCO MÁIS DE 3000 LIBROS PARA VENDER


Con que podedes colaborar?


          PARA A PROTECTORA:







 PARA O BANCO DE ALIMENTOS:





                             




 PODEDES COLABORAR COAS DÚAS ORGANIZACIÓNS SE QUEREDES








As familias que queiran, poderán intercambiar comida por libros no porche da entrada de Ramón Nieto de 14:00 a 14:30.



ANIMÁDEVOS, É POR UNHA BOA CAUSA!!!



Xa empezaron a deixarnos os primeiros carteis para anunciar o mercadillo.
Atentos e atentas ás paredes do cole.