martes, 5 de diciembre de 2023

XORNADA DE TEATRO DE TÍTERES (3 ANOS)

Ola de novo. Esta semana disfrutamos dunha velada de teatro no cole, da man da familia de Malik. Como afeccionados ao teatro de títeres, e dun xeito desinteresado, ofrecéronse a facer unha representación. Nós, como non podía ser doutro xeito, aceptamos sen pensalo dúas veces. 

A cita foi o luns 4 de decembro pola mañá e como público a rapazada de 3 anos e algunhas profes.

A protagonista é unha boneca chamada Patri, que ía presentando e narrando as historias e interactuando con nós. Patri contounos dous contos nunhas versións moi especiais: a ratiña presumida (destacando a importancia da igualdade e da amizade) e o cabalo de Troia (enfocándose na busca de ideas creativas e do esforzo para solucionar os problemas, sen recorrer á violencia ou forza física). Ademais, para a nosa sorpresa, tamén apareceu o galo Bartolito cos seus amigos cantándonos a súa famosa canción.

Pequechos-as e profes participamos, contestamos, cantamos e divertímonos moitísimo. Esperamos que volten moi pronto con máis historias. Tamén queremos darlles as grazas en nome de todo o cole. 



             

             




ITINERARIO LECTOR 23-24


Como todos os anos por estas datas, queremos facervos algunhas recomendacións de lecturas para que lle pidades aos Reis Magos, a Papá Noel ou, simplemente vaiades á vosa librería de confianza e merquedes algún que vos guste. O importante é non perder este fermoso hábito que é a lectura durante as vosas vacacións de Nadal. 

Esperamos que vos encanten!!




lunes, 27 de noviembre de 2023

DO COLE Á RADIO...DE VERDADE (5 anos)

Ola de novo.

Hoxe, luns, 27 de novembro, os nenos e nenas de 5 anos visitaron as instalacións de ONDA CERO RADIO  da rúa García Barbón e participaron en vivo e directo, xunto coas súas profes, no programa "más de uno". Moi contentos-as sentáronse nunha gran mesa, enfundáronse os cascos e achegáronse aos micros. Falaron co locutor do programa e ata cantaron unha bonita canción.

Eiquí deixamos un enlace do programa, pinchade na orella e

            ESCOITADE CON ATENCIÓN


Para aproveitar moi ben o paseo, tamén visitaron a estación de Renfe de Guixar. Moi amablemente e con moita paciencia, este home do chaleco verde guiounos na visita pola estación e explicoulles unha morea de cousas moi interesantes sobre este medio de transporte tan popular: os andéns, as pantallas que anuncian chegadas e saídas, onde van os trens e de onde veñen. Tamén subiron a un tren e vírono por dentro....Vaia sorte teñen algúns!!!











Vémonos moi pronto.
Unha aperta



lunes, 20 de noviembre de 2023

A PRIMEIRA VEZ NA BIBLIO (3 anos)

Ola de novo. 

Desta vez queremos presentarvos aos novos socios e socias da nosa biblioteca, os máis peques do cole, que a semana pasada visitáronnos por primeira vez e así coñeceron a Castelao e ao rato Pérez.

Portáronse moi ben e aprenderon as normas básicas da biblio: non levantar a voz, non correr, colocar os libros no seu estante e co lombo cara afora, cales son os libros que poden levar á casa e en que andeis están e deixar todo no seu lugar e ordeado antes de marchar. 

Estas normas son moi importantes, xa que a biblio é un lugar común, no que temos unha morea de materiais (libros, comics, revistas, xogos e accesorios da caixa de luz, xogos de mesa, xogos de robótica, creativos....) que deben estar ordeados para que todos poidamos disfrutar dela.

Tamén se puxeron moi contentos, pois Castelao e o rato Pérez deixaron un agasallo sorpresa que lles encantou: un identificador de maletas!!!....para cando viaxen polo mundo coa súa mochila ao lombo.









E, para que nos queden ben claras as normas da biblioteca, os máis expertos do cole, os rapaces e rapazas voluntarios de 5º e 6º, fixeron un simpático e didáctico vídeo.

      Pulsade na imaxe  👇 para poder ver o vídeo

      

Vémonos pronto.

miércoles, 8 de noviembre de 2023

SEGUIMOS VIAXANDO (2º e 5º de E.P., 5 anos E.I.)

 Ola de novo.

Continuamos coas nosas viaxes, e con outras novidades, isto é un "non parar". 

Cada clase irá poñendo na corcheira da entrada principal do cole a bandeira e unha imaxe representrativa do país que están a traballar, ademais un medio de transporte coa foto de todos os viaxeiros e viaxeiras do grupo. 


Tamén inauguramos as exposicións temporais, é dicir, as clases que o desexen poderán mostrarnos os seus interesantes traballos, así poderemos aprender          moitísimas cousas do mellor xeito: lúdico e visual.
Os primeiros foron a rapazada de 5º de primaria, que están a traballar nun proxecto sobre o sistema solar: estrelas, planetas, constelacións.....
                          ESPECTACULAR!!      
    


E agora un pequeno vídeo sobre os países que visitamos esta semana coa rapazada de 2º de primaria e de 5 anos de infantil. Que países serán? Mirade o video se queredes sabelo👇


Gustouvos, verdade?
Pois esperade aos da semana que ven!!!



miércoles, 25 de octubre de 2023

INAUGURACIÓN DA NOSA BIBLIOTECA

Xa estamos eiquí de novo. 

Por fin chegou o momento que tanto estabamos esperando:  

hoxe, 25 de outubro, queda oficialmente inaugurada a nosa biblioteca!!!

                           

                         

Como sempre, Castelao e o rato Pérez, que son tan detallistas e pensan sempre en todo, deixáronnos un agasallo de benvida: unha preciosa tarxeta identificadora de equipaxe para cada un.

Este ano será un curso cheo de aventuras, pois como seguro que xa sabedes, a temática elixida está relacionada coas viaxes por diferentes países:                      

    "Pombaleiros/as polo mundo"

Nestas viaxes, percorreremos e coñeceremos moitas cousas sobre diferentes países. Cada clase elixiu un país para investigalo. Para mostrar a todos e todas o que estamos aprendendo e participar na decoración e ambientación do cole, ao longo destas semanas todos os nenos e nenas , xunto cos seus titores e titoras, irán montando polos diferentes espazos do cole as súas exposicións sobre o país que están a traballar. 

Iremos subindo fotos de todo o proceso e das diferentes exposicións. De momento, deixámosvos este pequeno avance....


Seguro que vos vai encantar...ou eso pensamos!!




                              ISRAEL


CHINA


FRANCIA





RUMANÍA



       Con que países nos sorprenderán?
                Vémonos na seguinte viaxe!!

sábado, 7 de octubre de 2023

AVERIGUAMOS O PAÍS (5º B)

Ola de novo...

Como xa sabedes, este curso a PDI do cole titúlase "Pombaleiros/as polo mundo" e vai adicada ás viaxes e ao coñecemento de algúns países do mundo. 

Pois, para comezar, os alumnos e alumnas de 5º B de primaria, durante a hora de ler, estiveron a facer pescudas sobre o país que lles tocou para a ambientación da biblioteca do cole. 

O resultado foi espectacular, todos os grupos chegaron á mesma conclusión....



   

         Adiviñades con estas    
      pistas cal é o país?


Xa falta menos para a inauguración da nosa biblio!!!!


martes, 19 de septiembre de 2023

BENVIDOS AO CURSO 2023-2024

Boa tarde!! Qué tal de vacacións? Esperamos que moi ben.

Castelao e o rato Pérez xa teñen moitas ganas de comezar unha nova aventura,  vos tamén??

Este ano o lema é "Pombaleiros/as polo mundo" e Castelao xa está preparado para viaxar.


Ficade atentos/as porque pronto teremos máis novidades.

Cómo podedes observar moitas clases comenzaron xa a decorar ó colexio!!



lunes, 19 de junio de 2023

AGASALLOS DOS DESAFÍOS

Ola de novo, prometimos premiar aos máis participativos nos desafíos ao longo do curso, así que, eiquí vos deixamos as entregas de agasallos para que vexades que somos de palabra e non vos olvidamos. Houbo agasallos para os nenos e nenas que participaron en todos os desafíos de xeito individual e tamén para as aulas que participaron en grupo.

Déixovos algunha fotos da entrega de premios.


















Dende o Equipo de Biblioteca, queremos darvos as grazas pola boa acollida e por participar nesta actividade pensada para a vosa diversión, entretemento e para que aprendades a investigar e a buscar información. Esperamos que vos encantara e servira para aprender moitas cousas novas, facer crecer a vosa curiosidade e animarvos a aprender moito máis.

Se queredes....o curso que ven haberá máis.

Vémonos o curso que ven....SUPER DESAFIADORES!!!