sábado, 27 de abril de 2019

SEMANA DO LIBRO

Esta semana , dedicada ao libro, contamos con diferentes animadores e autores que nos visitaron para falar de dous libros que leron os alumnos e alumnas de 6º de primaria.


Benxamín Novoa, fixo unha animación sobre o libro "Mi hermano el genio" do escritor Rodrigo Muñoz Avia.


"Mi hermano el genio"

PREMIO  EDEBÉ DE LITERATURA INFANTIL 2010

Descrición:
O mundo divídese en dous tipos de persoas: os xenios e os demais.
Iso é o que di a miña nai.
Entre os xenios atópase o meu irmán.
Entre os demais atópome eu.
Isto a miña nai non o di así, pero eu sei que o pensa.
Eu tamén o penso, a verdade.

Chámome Lola, teño dez anos e gústame o fútbol.













Tamén contaron coa visita de Iria Misa e puideron charlar con ela sobre o seu libro "Mamá,  quero ser  Ziggy  stardust", que trata un tema tan delicado como a  transexualidad nas aulas.

Imagen relacionada

"Mamá, quero ser Ziggy Stardust"

Iria Misa (Autora)
Alba Barreiro (Ilustradora)
3ª Edición - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro infantil, 2018.

Aine contaba nove anos a primeira vez que viaxou cos seus pais de vacacións.
Naqueles días, ademais de percorrer a cidade, visitaron unha exposición.
Era sobre unha estrela de rock que mudaba de aspecto coma os camaleóns. Un arreguizo estraño percorreulle o corpo cando se fixou na roupa que vestía, pois non soubo se era de home ou de muller.
Emocionouse ao ver que tiña o cabelo roxo, tan semellante ao seu. Escoitou aquela canción que falaba dun extraterrestre que só quería cantar e bailar e tivo unha revelación: Aine, de maior, sería igual que Ziggy Stardust.







Agora tocalle o turno aos máis pequechos do cole. Eles tamén tiveron unha sesión de contacontos levada a cabo polos alumnos e alumnas do IES Castelao.













E como todos os escritores, e animadores que veñen ao noso cole, tamén asinaron no noso libro de honra.






E ... como broche fina desta semana adicada ao libro, non podía faltar o apadriñamento lector.









domingo, 21 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO



O luns 23 de abril, e como cada ano nesta data, celébrase o Día do Libro .

 Unha conmemoración que se festexa en todo o mundo e que busca, sobre todo, fomentar a lectura, pero tamén defender e protexer a industria editorial e os dereitos de autor. A pesar de todo, a instauración dun día do libro mundial é bastante recente.

Foi en 1995 cando a UNESCO aprobou, a proposta da Unión Internacional de Editores, a celebración do Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor (o seu nome completo). A data elixida non é froito do azar senón que se decidiu ao tratarse dunha data transcendente na historia da literatura. 
Foi un 23 de abril cando Miguel de Cervantes, William Shakespeare, Inca  Garcilaso da  VegaWilliam  Wordsworth ou Josep Pla morreron. Tamén foi un 23 de abril cando Manuel  Mejía  Vallejo,  Maurice  Druon ou  Halldór  Laxness naceron.






CRONOLOXÍA DO DÍA DO LIBRO.

Para saber máis preme na imaxe



Resultado de imagen de linea de tiempo escritura






IMAXE DO XX EDICIÓN DO SALÓN DO LIBRO
 "A REVOLUCIÓN" (Pontevedra)
























Resultado de imagen de dia do libro



sábado, 13 de abril de 2019

PEDRO MAÑAS

Resultado de imagen de apestoso tio muffin


Parque 5.jpg
Preme na imaxe para ler a biografía INSENSATA



Pedro Mañas e o "Apestoso tío Muffin" , acompañaron  aos nenos e nenas de 5º de primaria. 
Neste vídeo podedes ver o bo rato que pasaron.








jueves, 11 de abril de 2019

I CONCURSO " UN SORBO DE POESÍA"

Aquí temos os gañadores do I Concurso de poesía.
Na hora do recreo foi a entrega de premios.
PARABÉNS!!!





















Exposición coas poesías gañadoras.








viernes, 5 de abril de 2019

RECREOS

Esta semana empezamos a abrir a biblioteca na hora do recreo para o alumnado de 3º de primaria.
Cada semana  irá un curso diferente, xa que o aforo está limitado a 16 alumnos/as.

LUNS: XOGOS DE MESA







MARTES: PASATEMPOS








MÉRCORES: PAPIROFLEXIA






XOVES: CLUB DE LECTURA

O CLUB DE LECTURA DO POMBAL, ESTRÉASE COA "PEDRA FILOSOFAL".

Resultado de imagen de harry potter y la piedra filosofalResultado de imagen de LA PIEDRA FILOSOFAL     




VENRES: DEBUXO E ESCRITURA CREATIVA












Estas nenas de 4º teñen moi claras as normas....

DENTRO DA BIBLIO NON SE COME.

Agardando para entrar ao obradoiro de papiroflexia.