Pouco a pouco empezamos a retomar as actividades que quedaran apartadas pola COVID. Unha delas son os RECREOS BIBLIOTECARIOS.
Estes realízanse na hora do recreo, na biblioteca do noso cole. Este ano para separar os grupos burbulla facémolo por nivel, comenzando por 4º de primaria (a semana pasada 4ºA e esta 4º B).
Dentro dos recreos bibliotecarios temos un día adicado ao CLUB DE LECTURA que este ano, en vez de un, facemos dous. Un para os nenos e nenas de 5º e outro para a rapazada de 6º.
A semana a organizamos deste xeito:
A semana a organizamos deste xeito:
LUNS (xogos de mesa e lectura libre):
MÉRCORES (clubs de lectura):
Sabedes o que é un club de lectura?
Trátase dun club formado por alumnas e alumnos que se inscriben e que teñen en común a súa paixón por ler.
Xuntarase nos recreos e na Hora de Ler para traballar nun trimestre un libro en galego, noutro un en castelán e no último un libro en inglés ou francés.
No hay comentarios:
Publicar un comentario