domingo, 30 de enero de 2022

XUNTOS CAMIÑAMOS POLA PAZ

O venres 28 celebramos o Día da paz no cole.
Como ben sabedes, estamos a traballar o camiño de Santiago, así que quixemos deixar as nosas pegadas nas diferentes etapas do camiño portugués (xa que é o que pasa polo noso colexio).

Así de colorido quedou o patio.






LEMBRADE OS DESAFÍOS. ESTÁN UN POUQUIÑO MÁIS ABAIXO.


                    











viernes, 28 de enero de 2022

NOVIDADES!

 



Esta semana ven chea de novidades.

En primeiro lugar ... que estará argallando a rapazada da clase de inf 5 B?








Cada 15 días, nestes taboleiros do edificio novo ...


ESCALEIRAS DO COMEDOR

ENTRADA PRINCIPAL

                      




e nestes do edificio antigo...

                                 



atoparedes uns desafíos para facer durante dúas semanas. 


As de cor verde son para os nenos e nenas de Ed. Infantil, 1º e 2º de Primaria.




As de cor amarela, son os desafíos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.  




Aquí vos deixamos os dous desafíos destas duas semanas:


Ed. Infantil, 1º e 2º PRIMARIA:




3º, 4º, 5º e 6º PRIMARIA:



As respostas tendes que deixalas neste buzón





Escribiredes nun papel  a resposta do desafío (tamaño 1/4 de folio) e por detrás poredes o nome, apelidos e o voso curso.

Haberá sorpresas para os participantes de todos os desafios a final de curso.

ESTADE ATENTOS E ATENTAS AO BLOG, AS CORCHEIRAS, E AS NOSAS REDES ( INSTA E TWITTER) XA QUE POREMOS CADA 15 DÍAS NOVOS DESAFÍOS.





ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!







En segundo lugar...


Que andarán a facer Castelao e o rato Pérez entre tanto cableado e botóns?

No lateral esquerdo, no apartado RADIO POMBAL CASTELAO, iremos poñendo cousiñas. 






PREMEDE NEL DE CANDO EN VEZ, PARA VER AS NOVIDADES




E xa para rematar, en biblioteca creativa, temos unha nova sorpresa para xogar coas tablets.



Lembrade que para poder ver todas as actividades propostas, tendes que buscar na barra lateral esta imaxe:


Que será, será...  



jueves, 20 de enero de 2022

CAMIÑANDO POLA PAZ

 


Por mor da pandemia, algúns nenos e nenas do cole, teñen que estar nas súas casas confinados; así que pensando neles, o rato Pérez e Castelao, lles propoñen os seguintes xogos para celebrar o Día da Paz.

Se vos animades tamén as podedes facer nas aulas.

Premede nas imaxes para descargalas. 





ACTIVIDADES VARIAS:



PULSEIRAS:



COMECOCOS:




COLGADOR PARA A PORTA:



E como bos lectores que sodes, aquí vos deixamos unhas recomendacións.











jueves, 13 de enero de 2022

BOOKSTELAO

Voltamos das vacacións do Nadal estreando un apartado novo no noso blog: "OS BOOKSTELAO".
Aquí temos algunhas recomendacións de diferentes libros que nos fan nenos e nenas do cole.
E xa sabedes ... "Se queres saber o que pasa, lévao para a túa casa"



PARA INFANTIL  :



PARA PRIMARIA:









A partires de agora, iremos poñendo máis recomendacións na pestana da parte superior do blog.
Lembrádevos de entra de cando en vez.




Se tendes algún libro que vos gusta moito e queredes recomendalo, enviádenos un vídeo ao correo da biblio e publicámolo.

bibliopombalcastelao@gmail.com