CLUB DE LECTURA curso 2024/25
ANOS ANTERIORES
Dentro dos recreos bibliotecarios temos un día adicado ao CLUB DE LECTURA que este ano, en vez de un, facemos dous. Un para os nenos e nenas de 5º e outro para a rapazada de 6º.
MÉRCORES (clubs de lectura):
Sabedes o que é un club de lectura?
Trátase dun club formado por alumnas e alumnos que se inscriben e que teñen en común a súa paixón por ler.

Xuntarase nos recreos e na Hora de Ler para traballar nun trimestre un libro en galego, noutro un en castelán e no último un libro en inglés ou francés.

E os nenos e nenas de 6º, coa profe Olga, xa están mans á obra cun libro en francés.


Déixovos aquí unhas fotos:
Os clubs de lectura deste trimestre, rematan en plena primavera con zume de laranxa frescas e ricos croissants.
A lectura enriquece!

A profe Paula co alumnado de 5º, quixo facer unha grabación relacionada co libro que leron: "A folla azul".
![]() |
5º PRIMARIA |
![]() |
AGASALLO DUN MARCAPÁXINAS |
![]() |
6º PRIMARIA |
O primeiro día fixeron un pasaporte de lectura que será selada cada semana para obter a "Credencial Pombaliana".

E os clubs de lecturas "Pombalendo" de 5° e 6° deste trimestre remataron así.... entre doces recén enfornados e chocolate quente! Unha grata sorpresa que o alumnado non esperaba, pois tamén foron agasallados cun orixinal marcapáxinas imantado.
Quixemos facelo así porque doces foron tamén os días que pasamos entre Palabras de Caramelo e a Señorita Bubble, aprendendo entre todos e todas, debatendo, compartido tempo e opinións.
Á volta das vacacións espérannos dous novos clubs de lectura e dous novos libros. Serán tan doces como estes?
Grazas aos mestres e mestras que o fixestes posible e grazas a todo o alumnado que participou... Non deixedes nunca de seguir gozando coa lectura!!!
4 de junio de 2019
Aquí déixovos a penúltima dinámica do club de lectura.

Todo listo agardando polos nosos aprendices de magos.
Por sorteo, eleximos a escola na que imos participar.
Inmersos nos retos....
Xa rematados os retos, toca ir en busca da chave agochada que nos indicaba a consigna.
Ao final, atoparon o seu ansiado premio: A PEDRA FILOSOFAL .
29 de mayo de 2019
Para iso que mellor que un lapbook.
Xa veremos o resultado cando o rematen.



23 de mayo de 2019
Hoxe tocou ordear cronolóxicamente acontecementos do libro.


Nesta outra, ponse un fragmento do libro e teñen que descubrir en que capítulo acontece.
Volveron facer o da frase falsa.
16 de mayo de 2019
Para iso, os nosos aprendices de mago estiveron na aula de informática buscando información sobre J. K. Rowling.


Para demostrar todo o que sabían, fixeron un PASAPALABRA, co noso rosco particular .
Mirade que ben o fixeron.


9 de mayo de 2019
8 de mayo de 2019
A segunda edición do rastrexo Festas dá Peregrina de Meira xa ten abertas as inscricións desde o pasado 10 de abril. O prezo é de sete euros persoa (inclúe seguro de accidente individual). Os menores de máis de 12 anos deberán ir acompañados dun adulto e autorización. Os interesados poden apuntarse escribindo ao correo electrónico festasdaperegrina- meira-@ hotmail. com. Para máis información contactar o WhatsApp 670 227 503.
A actividade que terá como protagonista o universo de Harry Potter permite a participación dun máximo de 60 equipos, que estarán compostos de 6 a 12 integrantes.
O lugar de saída do rastrexo de Harry Potter e a pedra filosofal será o Adro dá Festa, Latón, en Meira. Ademais, os participantes da actividade poderán saborear un chocolate quente ao finalizar o percorrido.
A organización destaca que haberá vestiarios con duchas para os participantes, así como cantina con prezos populares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario