jueves, 29 de febrero de 2024

BIBLIOTECA CREATIVA

Ola de novo.

                             
Nesta ocasión queremos mostrarvos as novas adquisicións de biblioteca creativa. Son xogos magnéticos, de mesa de luz, de clasificación, de uso de pinzas, de lectoescritura, de clasificación e de creación de figuras,  axeitados para os máis pèquenos do cole, xa que desenvolven a creatividade, a interacción social, a motricidade fina, a lóxico-matemática, a lectoescritura, a atención, a concentración e, sobre todo son super divertidos. 

Eiquí van algunhas imaxes dos peques de 4 anos disfrutando con estas novas actividades.




























Ata a próxima!!!













lunes, 26 de febrero de 2024

ENTROIDO VIAXEIRO

Ola de novo. 



Por fin conseguimos celebrar o Entroido en condicións despois de ter que suspender o pasarrúas por mor do mal tempo. O venres 16 de febreiro desfilamos, como é costume no noso cole dende hai xa 14 anos, polo Paseo do Calvario. Disfrutamos moito lucindo os nosos disfraces relacionados coas viaxes polo mundo. Houbo mexicanos-as, "brasingleses", turistas, galegos e galegas polo mundo, xaponeses-as, italianos-as....en fin, unha morea de comparsas que alegraron a mañá aos viandantes. 

Eiquí deixamos un pequeno vídeo resumo desta xornada festiva:




lunes, 19 de febrero de 2024

NOVOS DESAFÍOS CURSO 23-24

Seguro que xa pensabades que este curso non habería desafíos?...pois xa estamos eiquí de novo para que fagades traballar o voso cerebro e, de paso, pasedes un momentiño divertido. Nesta ocasión, e como xa imaxinaredes, tratan sobre as viaxes polo mundo, pois o tema da biblio é "Pombaleiros-as polo mundo".

       Cada 15 días haberá dous novos desafíos:

cor VERDE para os máis pequenos do cole, de infantil a 2º de primaria,  

cor AMARELA  para os máis grandes do cole, de 3º a 6º. 

Seguro que xa sabedes como funciona o xogo, pero mellor lembrámosvos as normas:

CANDO?                               

Cada 15 días publicaranse dous novos desafíos e as solucións dos anteriores. Tamén  seredes informados das datas de inicio e fin de cada un.

 ONDE?

*Nas corcheiras do cole, situadas estratéxicamente para que todos e todas poidades velas:

         Entrada principal do edificio novo
         Baixada ao comedor 
         Entrada dereita do edificio antigo
         Entrada esquerda do edificio antigo
* Neste blog  
* Nas redes sociais da biblioteca e do cole

RESPOSTAS AOS DESAFÍOS

Escribe ou debuxa (según mande o desafío) a túa resposta nun papel de tamaño cuartilla (1/4 de folio). Lembra poñer tamén o teu nome, apelidos e curso na parte de atrás (máis que nada para poder felicitarte e darche o teu agasallo). Meterás a túa resposta na caixa de correos  dos desafíos (buzón) que estará na entrada da biblioteca.

        Eiquí tes que introducir a túa resposta


                               
Haberá sorpresas a final de curso para os/as participantes.

     Pois xa empezamos coa nosa nova viaxe....estes son os 2 primeiros desafíos

Estades preparados?               

  



 



Tes de prazo ata o venres 1 de marzo. 
Desafíos 2 o luns 4 de marzo

                    Animádevos a participar 

           SORTE E MOITA INVESTIGACIÓN !!!









                 









 


           


           

miércoles, 7 de febrero de 2024

XORNADA DE BIBLIOTECA CREATIVA

Este ano tamén asistimos ás xornadas de biblioteca creativa que se celebran en Santiago de Compostela. A profe Montse, responsable deste departamento, asistiu a este importante evento para coñecer as novidades compartidas por compañeiros-as de toda Galicia e e valorar as máis axeitadas para o noso cole. 

Tratáronse temas como a gamificación, o xogo, a impresión 3 D e moitas cousas máis.

Eiquí van as imaxes de diferentes momentos e ponentes das xornadas.

















VISITA Á BIBLIOTECA NEIRA VILAS: 4º DE PRIMARIA

Ola de novo: 

continuamos coas visitas á Biblioteca do noso barrio, a Neira Vilas. A semana pasada tocoulles aos nenos e nenas de 4º A de primaria.

Ademais de tratar o tema elixido para este ano, a moda, fixeron un obradoiro moi chulo con las de cores. Mirade que ben o pasaron...







Ata pronto!!!