Contáronlles moitos contos relacionados cos bosques e tamén o de "Os tres osos".
jueves, 14 de diciembre de 2017
VISITA A BIBLIOTECA NEIRA VILAS
A rapazada de 5 anos B, foron á Biblioteca Municipal Neira Vilas e o pasaron moi ben.
miércoles, 13 de diciembre de 2017
Xa chegou o Nadal a biblio do cole. Aquí temos unha exposición con algúns libros sobre o Nadal.
Como este ano o tema que estamos a traballar son as marabillas do mundo, na entrada principal do cole, a rapazada pode ler como se celebra a festa do Nadal en diferentes partes do mundo e tamén moitas curiosidades.
FESTIVAL DAS LUCES:
O alumnado de 1º e 2º de primaria celebraron unha festa típica da India, o DIWALI, a festa dás luces. Que se celebra entre outubro/novembro pero que se semella ao noso Nadal polas luces e polos agasallos.
ANKUR, un neno de 2º, explicounos algunhas curiosidades sobre esta festa.
É un festival que dura 5 días, todas as casas se iluminan con lámpadas ou velas.
Hai costume de facer agasallos de todo tipo, dende doces ata electrodomésticos.
Adoitan facer envoltorios moi coloridos.

Durante este festival tamén se reza para a prosperidade no futuro, polo cal os fieis reverencian a Lakshmi, a deusa da fortuna , e a Ganesha, deidade con cabeza de elefante, que é considerada portadora da sorte.
Os nenos e nenas de 3º, tamén fixeron un traballo de información documental de como se celebra o Nadal en diferentes países.
miércoles, 6 de diciembre de 2017
domingo, 3 de diciembre de 2017
VIII XORNADAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
A pesar de todos os ensaios e nervios pasados, todo saiu xenial.
Agradecer aos asesores de Bibliotecas Escolares de Galicia ( Cristina e Xosé Luis) por darnos esta oportunidade e confiar en nós para expoñer en " A FUME DE CAROZO" a actividade da Quedada Literaria.
Gracias a toda a rapazada, mestres e mestras, a Marta Souto (Servizo de Normalización do Concello de Vigo), a Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas, e a todas as persoas que fixeron e fan posible que esta actividade póidase levar a cabo.
Vémonos na V Quedada.
DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL
A rapazada de 2º A, participaron nestra proposta da asociación ANDAINA , mandando a súa foto coas mans erguidas en diferentes cores e o lema "ESTAMOS CAPACITADOS".
Unha pequena mostra de libros para traballar este tema.
viernes, 1 de diciembre de 2017
COLABORAMOS CA ANPA
XORNADAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
lunes, 27 de noviembre de 2017
Día do mestre/a :
MAFALDA E A SÚA MESTRA:
Despois de que máis de 150.000 persoas completasen o visionado da película documental A Palabra Xusta en 48 en El País TV, despois de que o público de Vigo, Compostela, Madrid e outros lugares se emocionase coa vida de Antía Cal agora xa está a disposición de todos na plataforma de Vimeo.
Podedes vela en Vimeo on demand a través deste link.
sábado, 25 de noviembre de 2017
martes, 21 de noviembre de 2017
25 DE NOVEMBRO. DÍA DA NON VIOLENCIA
O 25 de Novembro, celebramos o "Día contra a violencia de Xénero".
Elexiuse esa data para conmemorar o violento asasinato de tres irmás: Patricia, Minerva e Teresa Miraval, a mans da policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana.
Os seus cadáveres foron atopados no fondo dun barranco, simbolizando a partires de entón a loita e a resistencia das feministas latinoamericanas.
Foi declarado así no I Congreso Feminista de Latinoamérica e do Caribe en Bogotá (Colombia) en xullo de 1981.
En 1999, a ONU deu carácter oficial a esta data.
LIBROS PARA TRABALLAR A IGUALDADE (preme na imaxe)
PARA REFLEXIONAR
Canción infantil: Igualdade de xénero (Andaluna y Samir) |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)