Esta semana Ratonciño Pérez e mais Castelao volveron facer das súas e tras o susto que nos deron petando forte nas portas deixáronnos este penúltimo reto. Nesta ocasión contamos coa arte da Literatura conmemorando así o día do libro. A primeira parte do reto o faremos todos xuntos nas aulas, pero se alguén quere, na súa casa, poderá escribirnos unha pequena recomendación do seu libro favorito. Animádevos a compartir novos títulos, non hai mellor cousa que difundir saber, transmitir coñecementos e aportar experiencias! 📚✨
domingo, 19 de abril de 2026
viernes, 17 de abril de 2026
RETO DE MARZO ...SUPERADO!
Olaaa!!! Aquí está unha pequena mostra das obras feitas polo noso alumnado superando así o reto de Marzo relacionado coa pintura.
Non hai reto que se nos resista!!
jueves, 26 de febrero de 2026
ENTROIDO
A pesar de que xa rematou o Entroido, ainda temos ese saborciño rico do ben que o pasabamos e mais de todo o que aprendemos. Por tal motivo queremos deixarvos por aquí como decoramos o noso cole para darlle a benvida a est festa tan bonita e colorida como o noso PDI "Pombal-arte"
Dende biblioteca, deixamos a cada clase unha mascarada de diferentes zonas de Galicia así como rituais de clausura do Entroido xunto a unha pequena información da cal poder comezar a investigar. Deste xeito, conseguimos entre todos, ter as nosas entradas cheas de cor, tradicións, historia, e como non podería ser de outra maneira... con MOITO ARTE!👩🏽🎨🎉🎨🧑🏽🎨

.jpeg)

