lunes, 20 de diciembre de 2021

LIBROS POLO NADAL

Xa chegamos ao fin do primeiro trimestre. 
Como todos os anos, aquí vos deixamos os libros do itinerario lector para pedirlle a Papá Noël ou aos Reis Magos; así cando voltemos ao cole o 10 de xaneiro, poderemos empezar a traballar con eles, non vos esquezades de poñerlle o nome e forralos.
Máis adiante,teremos algunha sesión de animación á lectura con estes libros.


1º PRIMARIA:









2º PRIMARIA:








3º PRIMARIA:








4º PRIMARIA:

                              4º A                                                                                                         4º B




5º PRIMARIA:


                 



                    



6º PRIMARIA:




                      



E agora, deixámosvos unhas árbores de Nadal moi do "Camiño" para desexarvos unhas Felices Festas.


   




























viernes, 3 de diciembre de 2021

NOVIDADES

Ola a todos e a todas. Esta nova entrada é para anunciarvos a creación de dous apartados novos no noso blog.

Un é a pestana do club de lectura, podedes atopala na parte superior do blog.



Ahí iremos poñendo fotiñas das diferentes actividades que se vaian facendo.


O outro apartado novo é o de Biblioteca Creativa. Para poder ver todo o que se fai, tendes que premer na imaxe que está na barra lateral esquerda e que ten este logo:



Non deixedes de botarlle unha ollada !!!



Tamén empezamos o mes de decembro cun montón de celebracións.
No corredor de entrada da biblioteca, puxemos unha exposición de libros das datas máis importantes deste mes.
Podedes collelos para traballar na aula ou na biblioteca.











lunes, 29 de noviembre de 2021

LIBROS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Foron moitas as actividades que se fixeron no cole polo 25 de novembro (Día da Non Violencia da Muller ), pero queriamos destacar ao alumnado de 4º A que representaron unha obra de teatro do libro "Artur e Clementina".

Mirade que ben o fixeron.






Aquí vos deixamos máis fotos dos outros cursos coas actividades propostas dende a biblioteca (marcapáxinas, pulseiras, caligramas...)


                                       










O POMBAL unidxs contra a violencia sobre as mulleres.







martes, 23 de noviembre de 2021

25 NOVEMBRO: DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO


O día 25 de novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Xorde do movemento feminista latinoamericano (1981), pola data na que as irmáns Miralba foron asasinadas na República Dominicana. Este movemento tivo tanta forza que no ano 1999 a ONU, estableceu oficialmente esta data para conmemorar o movemento.
A non-violencia trabállase a diario no colexio, pero este día imos falar máis concretamente da violencia de xénero para concenciar a todo o alumnado desta problemática.




AGORA DEIXÁMOSVOS UNHAS PULSEIRAS E UNS MARCAPÁXINAS  (premede nas imaxes para descargalas)



























lunes, 22 de noviembre de 2021

A MÚSICA NO PÓRTICO DA GLORIA

Hoxe, 22 de novembro celébrase Santa Cecilia, patrona dos músicos. Así que colaborando co EDLG , na entrada do cole púxose unha exposición dos diferentes instrumentos que podemos atopar no Pórtico.

Cada un, ten un número para localizar a cada ancián e o seu instrumento. Tamén un código QR para escoitar como soaban.






Premede na seguinte imaxe (blog EDLG) para aprender moitas máis cousas.









miércoles, 17 de noviembre de 2021

TODOS COA ILLA DA PALMA

Hoxe fai xusto dous meses que entrou en erupción o volcán da Palma.
Fai xa unhas cantas semanas, que propuxemos facer unha carta, un debuxo, un vídeo.. para darlles ánimos a todos os nenos e nenas da illa das Palma que están pasando por uns momentos moi duros por mor da erupción do volcán na cordilleira Cumbre Vella.

Cando comenzaron os retos de escribir cartas as nenas e nenos palmeros e ser solidarios con eles,  a rapazada de 5 anos A  fixeron un conto entre toda a clase.

A mestra tiña que escribir un conto con todas as aportacións que facían os nenos/as.

Cada un debuxou algo do que escoitaba ou vira na televisión.

Da casa, trouxeron libros e contos sobre os volcáns para saber máis cousas.

Todo isto, queren que o subamos ao blog por si os nenos e nenas da Palma quedan sen libros para traballar nas súas escolas, por iso vai en galego e castelán.


PREME NA IMAXE

Despois escoitaban que comendo plátanos canarios tamén axudaban a mellorar as súas vidas.

Así que lles mandamos unha mensaxe de solidariedade e apoio aos nenos e nenas da Palma.

Uns falan con nervios,outros con tanta timidez que non saen as palabras, outros con soltura, con preocupación,... pero todos e todas puxeron a mellor intención e moito amor para que os rapaces e rapazas da Palma sintan que tamén nos preocupamos por eles.




Tamén foron moitos os cursos que traballaron o tema dos volcáns. Aquí tendes unha pequena mostra dos nenos e nenas de 5º B.

                                         


  

En 3º A e B foron máis atrevidos, e fixeron os seus propios volcáns.












martes, 16 de noviembre de 2021

MAGOSTO

Co mes de novembro chegan as castañas, así que o venres día 12, celebramos o magosto no cole. Agora imos ver unha mostra das nosas castañas  Pombaleiras.


As caixas tamén quedaron moi bonitas decoradas con motivos do Camiño de Santiago.


Mirade, mirade...








                 


                             


Tamén fixeron uns cucuruchos do máis orixinais: