jueves, 29 de octubre de 2020

BIBLIOTECAS DE CINE

O sábado 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas. Vimos a moitos personaxes pasear por elas nas salas de cine. Da igual que fosen comedias, dramas ou thrillers, a acción entre libros foi moi variada. 
Imos repasar algúns destes lugares de encontro para lectores e estudantes que deixou o cinema.
Premede na imaxe para descubrilo.



Cantas pelis vichedes das que saen na presentación?


A nosa biblioteca tamén é de película e temos todo ambientado para empezar co Proxecto elexido para traballar este curso: O CINE.
O lema é "UN CURSO DE PELÍCULA", xa que dadas as circunstancias que nos está tocando vivir, non atopamos un título que o defina mellor.
Así de bonito quedou todo.


Entrada principal do cole:













     

             

Corredor entrada biblio:




PORTA BIBLIOTECA




                   




PASEO DA FAMA





Agora a ver si sodes quen de descubrir o título da película que se inspirou nesta librería. 



   

Como se chama? ,en que cidade se atopa?.
Podedes preguntar aos vosos pais, nais, avós, avoas...
Se tivechedes a sorte de estar nela, podedes mandarnos algunha foto.





Mandade as respostas ao correo da biblio, e para a semana diremos a solución e se ainda non enviaches o voso vídeo de medo (ver entrada do venres pasado) vos deixamos unha semana máis para facelo.

bibliopombalcastelao@gmail.com









sábado, 24 de octubre de 2020

24 de outubro DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe é 24 de outubro, día das bibliotecas. Normalmente por estas datas temos todo preparado para a súa inauguración física, mochilas viaxeiras a punto, a formación de voluntarios dos alumnos de 5º e 6º xa realizada (aproveitamos para destacar o fundamental que é o seu labor), comezan os préstamos de libros, as visitas á biblioteca na súa hora diaria (que ademais este ano está un pouco diferente), empezamos con prestámolos externos, o club de lectura, o bibliocarro, as sesións de teatro, os recreos bibliotecarios...


Pero este ano debido a esta situación tan extraordinaria adiantamos a súa inauguración, pois aínda que non estamos fisicamente, Castelao e Pérez non paran de traballar, de buscar actividades, retos, concursos (que os haberá), recomendacións lectoras e un sen fin de cousas, pero este ano funcionamos de forma virtual a través deste blogue, pois queremos que todos levemos a cabo o lema
#euquedonacasa, esperando que dunha vez por todo o  COVID desapareza das nosas vidas e podamos volver gozar, dos abrazos, os bicos, da biblioteca como espazo, as excursións...


Xa sen máis nos despedimos, esperando os vosos tráileres de medo ao longo desta semana. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR.





jueves, 22 de octubre de 2020

LIBROS DE MEDO

Ola de novo. Xa é venres!!!

Como sabedes, dentro duns días imos festexar a festa do Samaín, este ano dunha maneira un ouco diferente.

Na parte superior do blog, tendes un montón de actividades e recursos que podedes facer. Son moi divertidas, pois agora máis que nunca toca quedar todo o que podamos na casa.

Preme na seguinte imaxe para acceder a eles.




Agora vouvos deixar algunhas recomendacións  lectoras para que pasedes medo (só un pouquiño).





    



            






            



Para os nenos e nenas que xa son bos lectores menciono algunhas lecturas que fan que por momentos se corte a respiración, se encolla o estómago e se acelere o corazón.

Se tivese que destacar unha, sería sen dúbida “Las brujas” de Roald Dahl, unha fantástica narración que fala de bruxas reais, das de verdade.
  • “Los Mimpins“. Roald Dahl.
  • “Coraline“. Neil Gaiman.
  • “Tres pasos polo misterio” ou “Aire negro” de Agustín Fernández Paz.
  • “El pequeño vampiro“. Angela Sommer Bondeburg.
  • “Cuentos de terror de los objetos malditos“. Chris Priestley.
  • “Escarlatina, a cociñeira defunta” , ou “Esmeraldina a pequena defunta“. Ledicia Costas.



Sen dúbida estas son lecturas para pasalo de medo!”


Un enlace con máis recomendacións (preme na imaxe):



BIBLIOTECA INCLUSIVA: 

" Una granja de miedo" (Cuento con pictogramas)




Recopilatorio de materiais de medo con pictogramas (PREME NA IMAXE)




INGLÉS:











FRANCÉS:







Un especial de manualidades para estas datas.



No blogue do EDL do cole, tamén podedes atopar máis actividades. Premede na imaxe para entrar.





E xa para rematar... imos co tema elexido este ano: O CINE. 
Aquí vos deixamos uns curtos terroríficos.



EL DISFRAZ DE CAILLOU DE HALLOWEEN






DÍA DE LOS MUERTOS





ALMA




CURTOS DISNEY








Xa que este ano vai de cine, ahí van ...



PELIS DE MEDO:




                         






  


   

                                       




ANIMÁDEVOS A FACER UN VÍDEO TERRORÍFICO (CONTO DE MEDO, CANCIÓN, RECETAS DE SAMAÍN...).PODEDES FACELO DENDE AS VOSAS CASAS,  E MANDALO AO CORREO DA BIBLIO (os publicaremos o vindeiro venres).

Correo da biblio:

bibliopombalcastelao@gmail.com