martes, 5 de diciembre de 2023

XORNADA DE TEATRO DE TÍTERES (3 ANOS)

Ola de novo. Esta semana disfrutamos dunha velada de teatro no cole, da man da familia de Malik. Como afeccionados ao teatro de títeres, e dun xeito desinteresado, ofrecéronse a facer unha representación. Nós, como non podía ser doutro xeito, aceptamos sen pensalo dúas veces. 

A cita foi o luns 4 de decembro pola mañá e como público a rapazada de 3 anos e algunhas profes.

A protagonista é unha boneca chamada Patri, que ía presentando e narrando as historias e interactuando con nós. Patri contounos dous contos nunhas versións moi especiais: a ratiña presumida (destacando a importancia da igualdade e da amizade) e o cabalo de Troia (enfocándose na busca de ideas creativas e do esforzo para solucionar os problemas, sen recorrer á violencia ou forza física). Ademais, para a nosa sorpresa, tamén apareceu o galo Bartolito cos seus amigos cantándonos a súa famosa canción.

Pequechos-as e profes participamos, contestamos, cantamos e divertímonos moitísimo. Esperamos que volten moi pronto con máis historias. Tamén queremos darlles as grazas en nome de todo o cole. 



             

             




ITINERARIO LECTOR 23-24


Como todos os anos por estas datas, queremos facervos algunhas recomendacións de lecturas para que lle pidades aos Reis Magos, a Papá Noel ou, simplemente vaiades á vosa librería de confianza e merquedes algún que vos guste. O importante é non perder este fermoso hábito que é a lectura durante as vosas vacacións de Nadal. 

Esperamos que vos encanten!!