domingo, 31 de mayo de 2026

SAÍDA Á BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS

 O longo de todo este curso, o alumnado do CEIP Plurilingüe O Pombal, poidemos desfrutar da biblioteca municipal Xosé Neira Vilas , coñecendo ben de cerca este servizo que temos a nosa disposición. Grazas!






lunes, 18 de mayo de 2026

Animación da man de Antonio García Teijeiro


O 14 de maio do 2026, Antonio Garcia Teijeiro, autor do  libro  “Poemar o Mar”, premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil puxo o broche de ouro á Semana das Letras Galegas, visitando a nosa escola e a aula que leva o seu nome. O alumnado agasallouno recitando algúns dos seus poemas e a biblioteca encheuse de maxia mentres disfrutamos de recitados conxuntos, dunha amena charla, das aventuras do monicreque Martiño e unha boa dose de bo humor.








 


lunes, 11 de mayo de 2026

CONCURSO "O Parque Nacional coa Escola"

 O alumnado de segundo aceptou o reto e participou no concurso "O Parque Nacional coa Escola" do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e foi premiado cunha visita guiada á Illa de Ons cos guías do parque nacional o día 30 de abril.

Os contos premiados elaboráronse de xeito colectivo e neles participou o alumnado e as familias.

Os traballos están expostos no Centro de Visitantes do Parque Nacional de Vigo (rúa Oliva 3).

Adxuntamos como mostra un dos contos: "Lúa e os seus amigos mariños", que está elaborado con diferentes técnicas e inclúe unha maqueta dos personaxes do conto.



sábado, 9 de mayo de 2026

NOVO E ÚLTIMO RETO DESTE CURSO TAN ARTÍSTICO!

Castelao e Sr. Pérez volveron facer das súas e de novo pasaron polas nosas aulas deixándonos en primeiro lugar unhas palabras fermosos de agradecemento por todo o traballo realizado ó longo do curso. 



 E ademais, deixáronnos... 

🎨🎶 O último reto da biblioteca! 🎶🎨

Este mes ímolo festexar a modo festival de música e danza. Para iso propoñémosvos gozar creando en familia: mergullámonos no universo de Wassily Kandinsky, onde as cores soan e a música se pode ver.

Podes investigar e desfrutar e para rematar, podedes xogar en Google Music Lab… e deixa voar a imaxinación! 🎵✨



                             



Animádevos a participar e a pasar unha tarde diferente chea de ritmo, cor e imaxinación! ‼️🥳 ✨

viernes, 8 de mayo de 2026

NOVAS RECOMENDACIÓNS!

 E seguen chegando recomendacións do noso alumnado....mais bookstelaos á vista!


"Los reptiles"




"El capitan calzoncillos y el perverso plan del profesor pipicaca "





martes, 5 de mayo de 2026

RETO ABRIL.....MAIS RECOMENDACIÓNS!!

 Que contentas estamos.....temos un alumnado de matrícula!!!!

Aquí vos deixamos mais recomendacións de lectura. 

Axencia Galega de asuntos máxicos








Erín e o lobo


Lily y las criaturas de la noche



Crocodilo



Mordiscos monstruosos

A eiruga comellona


Gertridus busca trabajo

Empanada de mamut