viernes, 25 de noviembre de 2022

25 de Novembro

 Xunt@s celebramos o día contra a violencia de xénero.

Rato Pérez e Castelao propuxéronnos converter o corredor da biblioteca nunha rede de palabras que empoderarán á muller! Así que escribimos moitas palabras en pétalos de flores violetas.

Algúns aproveitaron para facer unhas flores coa canción "Ella" de Bebe.


Ademais fixemos un colar con lemas contra a violencia e o levamos as nosas casas.



Aproveitamos tamén para deixarvos unhas recomendacións lectoras.


Bo traballo a todos! Xunt@s somos máis fortes!

martes, 22 de noviembre de 2022

CONCURSO LOGO DA RADIO

Animádevos a participar!

Temos un novo concurso da biblio!

Necesitamos un logo que identifique a nosa radio!

A data límite é ata o 22 de decembro.

Diremos gañador/es no mes de xaneiro


lunes, 21 de noviembre de 2022

sábado, 19 de noviembre de 2022

Xornadas escolares

O sábado 12 de novembro asistimos unha vez máis ás xornadas de bibliotecas escolares de Galicia.

Nesta ocasión tivemos a oportunidade de contar con escritores como Gonzalo Moure, aprendimos sobre o libro ilustrado coa grandísima Piu Martínez, entre outras moitas experiencias.



miércoles, 16 de noviembre de 2022

ITINERARIO LECTOR PRIMARIA

Como todos os anos, aquí deixámosvos os libros do itinerario lector para Primaria. Non vos esquezades de poñerlles o nome e forralos.

Máis adiante, teremos algunhas sesións de animación á lectura con estos libros.

1º ciclo


2ºciclo


3ºciclo
                                                      

miércoles, 9 de noviembre de 2022

FORMAMOS PARTE OFICIALMENTE DE RADIO NA BIBLIO

 


Hoxe é un día moi especial para a biblioteca Castelao.
Seleccionáronnos para Radio na biblio!

Iniciamos o noso percorrido desde hai varios anos tentando que aceptasen a nosa solicitude. A pesar diso, o curso pasado decidimos comezar independentemente a nosa andaina coa radio e aprendemos unha chea.

Finalmente hoxe seleccionáronnos! O que a segue conséguea! Xa formamos oficialmente parte dos centros con Radio na biblio!

Grazas a todos os que o fixestes e facedes que sexa posible!
Deixámosvos a nosa ligazón para que escoitedes os podcast que fixemos o curso pasado:
Estade moi atentos porque faremos moitos máis!