jueves, 26 de abril de 2018

ALICIA BORRÁS

Hoxe na biblio os nenos e nenas de 5º de Primaria, tiveron unha visita moi dulce. Estiveron acompañados de Alicia Borrás e o seu libro 
"Nata y Chocolate". 






QUEDADA LITERARIA

Xa está todo preparado para a V Quedada Literaria, que terá lugar no parque de Castrelos o  día 3 de Maio. 
Hoxe xuntámonos no CEIP Eduardo Pondal para ultimar detalles.





martes, 24 de abril de 2018

PADRIÑOS LECTORES

Hoxe no cole, tivemos a actividade dos padriños lectores.
O alumnado de 4º, 5º e 6º, léronlle un conto ao resto dos nenos e nenas.
Cada padriño/madriña, foron buscar ás clases aos seus afillados/as e buscaron a zona que máis lles gustou do cole para lerlles un conto.




sábado, 21 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO






Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, poeta e editor Fran Alonso, quen xenerosamente cedeu un texto para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas posibilidades e nos efectos da lectura.






Na biblioteca e na entrada do edificio novo, pódese ver unha pequena mostra fotográfica, de bibliotecas e librarías que foron visitadas por algunhas persoas que gardan relación co cole e que son verdadeiras marabillas.







viernes, 20 de abril de 2018

PINTO & CHINTO




O alumnado de 3º de primaria, contou hoxe coa visita de Carlos López (Chinto) , autor do libro "Novas Minimaladas" 
Os nosos nenos e nenas tamén foron quen de facer as súas "POMBALADAS".
Mirade que ven quedaron.







Aquí podedes ver unhas fotos e un vídeo do encontro:












martes, 17 de abril de 2018

BIBLIOTECA NEIRA VILAS

A rapazada de 2º de Primaria visitaron a Biblioteca Neira Vilas onde o tema que traballaron foron os bosques na literatura infantil (animais que viven neles, animais en perigo de extinción, os nosos bosques...).



Resultado de imagen de libro feliz ferozUn dos contos que lles contaron foi o de "Feliz Feroz", onde o lobo , esta vez, non era malo.

domingo, 15 de abril de 2018

SALÓN DO LIBRO




Do 6 ao 29 de abril, no Pazo da Cultura de Pontevedra, pódese visitar o XIX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA.

Este ano, o tema elexido foi "Mulleres de conto" e tiveron a México como país convidado; poidendo ver moitos materiais relacionados coa cultura deste país.




 Xogo para relacionar cada sombra co obxeto típico mexicano.






Antela de 2º A do noso cole, gustoulle moito





Aquí podedes ver unha pequena mostra dos traballos feitos por diferentes coles con temática sobre as mulleres.


Paula  (3ºA) e Ana (Inf 5A), tamén do noso cole, participaron nun obradoiro onde tiñan que escribir un pequeno conto onde a protagonista fose unha muller.
Había moitos ilustradores/as (Víctor Rivas, Sergio Covelo, Aida Alonso, Ignacio Hernández, M. Elisabeth Rodríguez, Jorge Campos, Luz Beloso, Michel Casado e Andrea Fernández) que serían os encargados/as de ilustrar os contos presentados polos nenos e nenas para facer entre todos un libro xigante.



Con Jorge Campos 


Ilustradores/as:



Víctor  Rivas ( ilustrador de Escarlatina)


Encargados/as de pasar o texto á ilustración:



 Este foi o resultado:





sábado, 14 de abril de 2018

ENCONTROS PLAMBE




O venres día 13, en Santiago de Compostela, tiveron lugar os Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia, para os centros que están integrados no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares).
Como un ano máis, ali estivemos.




viernes, 13 de abril de 2018

PADRIÑOS LECTORES

Xa está en marcha a actividade dos padriños lectores. 
O xoves xa lle entregamos ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, as fotos dos seus afillados/as para que lles pregunten que libros son os que máis lles gustan; xa que o día 24 deste mes, celebraremos no cole o DÍA DO LIBRO (23 de abril)  e os maiores , lerán aos máis cativos un libro.






jueves, 12 de abril de 2018

DECORAMOS DE "MARABILLAS"

O alumnado de Infantil 3 anos, están a traballar China e a súa muralla.
Así de decorados teñen os corredores e as aulas.













Os nenos e nenas de 4 anos traballaron as Marabillas de Vigo.




Agora ímonos a Exipto co alumnado de  Infantil 5 anos 






















e ... 3º de Primaria.

































Os maiores do cole, estiveron traballando o Pergamiño Vindel (A marabilla da nosa cidade).
Fixeron unha exposición na entrada do edificio novo con paneis informativos sobre Martín Códax e as Cantigas.
Tamén expuxeron todas as novas que apareceron nos xornais locais.