lunes, 29 de enero de 2024

A MALETA VIAXEIRA DA PAZ: "POMBALEIROS-AS POLA PAZ"

Bo día. 
Estamos seguros-as de que as propostas que vos traemos nesta ocasión para celebrar o DÍA DA PAZ,  vanvos encantar. 

É moi importante para nós a celebración do DÍA DA PAZ, tan necesaria nos tempos que corren. Parece que os seres humáns non aprendemos dos nosos erros, e repítese sempre a mesma historia dun xeito cíclico e case contínuo...as guerras entre diferentes países non cesan. 
Dende o colexio tentamos inculcar aos nosos nenos e nenas a diario a necesidade de solucionar os conflitos dun xeito pacífico, por íso damos tanta importancia a esta data tan sinalada. No CEIP plurilingüe O Pombal temos preparadas varias actividades para estes días:

Luns, 29 de xaneiro: día das apertas...con apertas de balde para todos-as os que queiran un momentiño de cariño e amor.
Martes, 30 de xaneiro: visita da marabillosa artista Uxía, co seu traballo María FumaÇa, un proxecto literario e musical que aporta optimismo e aposta pola alegría de vivir e pola integración.
Mércores, 31 de xaneiro: carreira solidaria en favor de DISCAMINO, unha asociación de persoas que apostan tamén pola integración de persoas con algunha discapacidade a través do ciclismo adaptado.
E, xa para rematar esta gran semana, unha actividade que pode triunfar e levarnos a dar a volta ao mundo, ...literalmente, as maletas viaxeiras pola Paz
                      co noso lema 
                    "Pombaleiros-as pola Paz"



Os nenos e nenas do cole, durante estes días estarán a preparar e personalizar unhas maletiñas viaxeiras con palabras e frases fermosas, que pretendemos que cheguen o máis lonxe posible a través das persoas que vaian atopando as maletas. 

A actividade é sinxela: tedes que levar a maleta de viaxe (cerca ou lonxe) e facer unha foto con ela no lugar do voso destino. Se non tedes previsto viaxar, podedes atrasalo ou darlla a un familiar ou amigo que vaia facelo. Logo subide a foto ás vosas redes sociais, comentando o lugar onde estades e compartindo a seguinte etiqueta (hashtag):    

                  #pombaleirosaspolapaz

Por último, deixade a maletiña no lugar que estades, mellor se é nun sitio concurrido como un parque, unha estación, un aeroporto...para que outras persoas poidan facer o mesmo procedemento e así conseguir que chegue a todos os países do mundo. Complicado?, pois claro, pero...quen sabe?

Estade moi atentos, pois as primeiras maletas sairán de viaxe ao longo desta semana que empeza.








Eiquí deixamos un video explicativo do proceso. 
Se hai algo que non entendades, non dubidedes en preguntar no cole.                                               
Animádevos a participar ou pedide a colaboración de amigos ou familiares que vaian viaxar.


Unha aperta enorme e MOITA PAZ NO MUNDO



sábado, 27 de enero de 2024

VISITA Á BIBLIOTECA NEIRA VILAS: 5º DE PRIMARIA

Ola de novo. 

Esta semana foron os rapaces e rapazas de 5º de primaria os invitados na biblioteca Neira Vilas.

A actividade, como xa sabedes, versou sobre a indumentaria ao longo da historia. Como sempre, moi interesantes as propostas da biblioteca.


Saúdos, vémonos pronto!!!

domingo, 21 de enero de 2024

VISITA Á BIBLIOTECA NEIRA VILAS: 2º DE PRIMARIA

Continuamos coas visitas á nosa biblioteca de referencia no barrio do Calvario, a Neira Vilas, que sempre nos sorprenden con novas e interesantes actividades.

Nesta ocasión tocoulles aos nenos e nenas de segundo de primaria, que disfrutaron e, como non, aprenderon unha morea de cousas sobre a moda. 

Dámosvos de novo as grazas pola vosa implicación e bo facer.





Ata pronto!!

viernes, 12 de enero de 2024

A BIBLIOTECA NA PRENSA: ATLÁNTICO DIARIO

Ola de novo.

Esta semana estamos moi contentos-as, pois no Atlántico Diario, no seu "xornal escolar" con data 10 de xaneiro de 2024, foi publicada unha pequena reportaxe adicada ao noso cole, concretamente informando sobre as actividades que realizamos na nosa biblioteca para fomentar o amor pola lectura.







                        Vémonos pronto!!!


miércoles, 10 de enero de 2024

VISITA Á BIBLIOTECA NEIRA VILAS: 6º PRIMARIA

Esta semana inauguramos as xa tradicionais visitas á nosa biblioteca do barrio, a Biblioteca pública municipal Xosé Neira Vilas. Comezamos cunha divertida animación sobre A MODA, que pasou de ser unha necesidade a un luxo.

Como sempre, damos as grazas a Noelia pola súa disposición e bo facer.


Vémonos pronto!!!