martes, 25 de junio de 2024

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN 2023-2024

Como todos os anos por estas datas, eiquí tedes as nosas recomendacións de lectura para o verán.

Animámosvos a xogar moito, tomar o sol (con moita crema e precaución), pisar a herba descalzos ....e, ler moito. Seguro que as nosas suxerencias faranvos pasar moi bos momentos.

Felices vacacións de verán. 

Vémonos en setembro!!





viernes, 21 de junio de 2024

DERRADEIROS OBRADOIROS DESTE CURSO DE BIBLIOTECA CREATIVA

Estas foron as derradeiras actividades de biblioteca creativa deste curso. Nesta ocasión participaron nenas e nenos de 3º e de 6º de primaria.

Os de 3º realizaron actividades con scratch, un motor de videoxogos cuxa principal característica é que permite o desenvolvemento de habilidades mentais mediante a aprendizaxe da programación sen ter coñecementos profundos sobre o código. A rapazada aprende conceptos relacionados cos computadores e outras habilidades relacionadas coas novas tecnoloxías e outras áreas de coñecemento. Tamén poden crear historias animadas ou minivideoxogos.








E, os de 6º experimentaron con tinkercad, un programa de impresión e deseño en 3D para crear xoguetes, prototipos, figuras, etc. Neste caso deseñaron, crearon e imprimiron na impresora 3D uns bonitos chaveiros personalizados. Mirade que bonitos quedaron.
















PREMIOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN NOS DESAFÍOS

Para rematar como é debido, nesta derradeira semana do curso houbo grandes premios para os nenos e nenas que participaron en todos os desafíos. Recibiron bonitos agasallos, como un libro para crear os seus propios comics, unha libreta espía, un boli de baby Yoda e unhas gomis. Quedaron encantados.

Mirade as fotos...







Anímaste a participar nos desafíos do curso que ven?

miércoles, 5 de junio de 2024

ANIMACIÓN A CARGO DE ANDREA MACEIRAS


Ola de novo. 
Xa chegamos á derradeira animación deste curso. Nesta xornada, a rapazada de 6º de primaria tivo a sorte e o pracer de recibir a Andrea Maceiras. 
Ademáis de ser escritora infantil e xuvenil, é profesora na Facultade de Ciencias da Educación na Universidade da Coruña. 
Acumula unha morea de premios literarios, entre eles o premio dos clubes de lectura da Consellería de Educación como autora máis lida.
Se queres saber máis sobre Andrea Maceiras, 
pincha no enlace






 

jueves, 30 de mayo de 2024

ANIMACIÓN A CARGO DE RAFAEL ORDÓÑEZ

 Este martes 28 de maio, visitounos o escritor e contacontos Rafael Ordóñez, que deleitou coa súa simpatía aos nenos e nenas de 1º de primaria.

Unha estrela máis no noso paseo da fama.

Se queredes saber máis sobre o noso convidado, pinchade no enlace.

https://www.lagaleraeditorial.com/es/ordonez-rafael








lunes, 27 de mayo de 2024

RESPOSTAS DESAFÍOS 6

 E xa estamos de volta coas respostas aos derradeiros desafíos deste curso.

Estas son:






En uns días recibiredes os vosos desexados agasallos.

Vémonos o curso que ven con novos desafíos.
Unha enorme aperta.

 


sábado, 25 de mayo de 2024

ANIMACIÓN A CARGO DE MIGUEL A. ALONSO DIZ

Esta semana recibimos no noso cole a Miguel Ángel Alonso Diz, que ademais de escribir narrativa e poesía infantil e xuvenil, é contacontos e imparte obradoiros de poesía, colaborando cos servizos de Normalización Lingüística.
Se queredes saber máis sobre o noso convidado pinchade neste enlace:


O escritor impartiu aos nenos e nenas de 3º de primaria un obradoiro de poesía no que aprenderon moito e practicaron escribindo xuntos un feixe de poesías. 

Ademais, os alumnos-as de 3º B prepararon unha bonita poesía, que declamaron ante o noso convidado. E, para rematar, bautizaron a súa aula co nome do escritor...agora a clase de 3º B chámase Miguel A. Alonso Diz. 

Eiquí deixamos unhas imaxes e un vídeo dos momentos máis destacados da xornada poética.






                 

lunes, 13 de mayo de 2024

DESAFÍOS NÚMERO 6

 Xa estamos de volta cos desafíos desta quincena, os número 6, que serán os derradeiros deste curso.

Pero, quereredes antes as respostas correctas dos número 5, verdade?...

Pois estas son as solucións:





E agora os desafíos número 6...






Lembrade, podedes participar ata o venres 24 de maio.

O luns 27, coñeceredes as respostas correctas e, por fin, recibiredes o máis que merecido agasallo polo voso esforzo e participación nos retos deste curso.



sábado, 11 de mayo de 2024

ANIMACIÓN A CARGO DE RAMÓN ROMERO NOGUEIRA

Esta semana tivemos a gran sorte de contar coa visita do escritor Ramón Romero, que acompañou na biblio do cole aos nenos e nenas de 1º de primaria e  faloulles do seu libro "A abelliña que perdeu as ás".


Unha mañá, cando está a piques de ir apañar pole coa súa cestiña, a pequena abella decátase de que perdeu as ás. Onde as puido deixar? Un conto en verso sobre unha adorable abelliña, algo despistada.

Ramón, ademais de ser escritor, é libreiro e xornalista. Se queredes saber un pouco máis sobre él....                https://gl.wikipedia.org/wiki/Ram%C3%B3n_Romero_Nogueira

Moi sorrinte e simpático contounos que xa escribía aos 10 anos e presentounos o seu libro, asinando con dedicatorias os nosos exemplares. 

Xa gañou un lugar no noso particular "paseo da fama".