viernes, 29 de noviembre de 2019

Se non tendes plan para esta fin de semana, aquí tendes unha boa proposta. Ademais pretiño do noso cole.
No hay descripción de la foto disponible.



En Pontevedra (Pazo da Cultura), tamén podemos visitar a Culturgal.
Aquí vos deixo o enlace  co programa.

https://culturgal.moncake.com/files/culturgal/2019/11/FolletoProgramaInfantilCulturgal2019.pdf





domingo, 24 de noviembre de 2019

70 ANOS DE TRADICIÓNS

Este venres día 22 de novembro, celebramos o 70 Aniversario do noso cole.
Nos corredores dos dous edificios fixéronse diferentes exposicións onde se pode ver  fotografías, maquetas, traballos feitos polo alumnado e obxetos relacionados coa ensinanza.
Na entrada do edificio novo, e aproveitando o tema elexido para traballar este ano ("As nosas tradicións"), colocouse unha exposición que como ben titulou un xornal galego: 2Del tintero a la tableta en 70 años".


ANTES
AGORA






Aquí podedes ver unha parte das exposicións:










Na entrada da biblio, tamén fixemos un pequeno percorrido por estos últimos 12 anos. Puxemos fotos coas temáticas elexidas para traballar dende o ano 2007.








Dúas aulas do noso cole, van levar o nome de dous escritores moi coñecidos por nós: Ledicia Costas e Antonio García Teijeiro.
Fíxolles moita ilusión que contaramos con eles para poñerlles o nome a estas aulas.














Unha antiga mestre do cole (Chelo :"inglés"), quixo facer un vídeo sobre O Pombal. 






A PRENSA FAISE ECO DA CELEBRACIÓN:





















































miércoles, 13 de noviembre de 2019

UN ANUNCIO CHEO DE TRADICIÓNS

Coma todos os anos, unha cadea de supermercados, fai uns anuncios moi "nosos". Aquí podedes velo último.






#SERGALEGXMOLA


jueves, 7 de noviembre de 2019

MAGOSTO

Seguimos coas festas tradicionais : O MAGOSTO.
Aquí vos deixo un vídeo para que vexades o ben que quedaron as caixas que fixéchedes para as castañas.



Queremos agradecer ao Equipo de Patios Dinámicos por achegarnos a todas e todos estes xogos tradicionais. 
Moitos deles descoñecidos por moitas e moitos de nós.











martes, 5 de noviembre de 2019

MAGOSTO





Xa é tempo de castañas , así que o día 7, no cole, imos facer a festa do magosto.

Na entrada da biblio xa puxemos unha exposición de libros e unidades didácticas para que poidades traballar esta festa.



Tamén hai unha pequena exposición con algunhas caixas de castañas decoradas coas diferentes temáticas traballadas estes cursos pasados ( Auga, contos,pintura,ciencia, marabillas do mundo, natureza, emocións...).



A ver este ano que caixas se vos ocorren!!!







sábado, 2 de noviembre de 2019

MOCHILAS VIAXEIRAS

Aquí están as mochilas agardando que á volta desta ponte as levedes as vosas casas.






Durante este curso, imos traballas "As nosas tradicións", así que no Caderno de Bitácora tendes que escribir algunha tradición, refrán, rima, historia típica de Galicia...
Tamén podedes pegar fotos, facer debuxos, todo o que se vos ocorra.



Lede ben as instruccións que van dentro onde se explica o que tendes que facer.






viernes, 1 de noviembre de 2019

ANIMACIÓN

O mércores,  Migallas Teatro (actividade ofertada polo Concello) estivo coas nenas e nenos de 2º de primaria contándolles unha morea de contos en galego(Traducidos do castelán).




















Aquí vos deixo algunhas fotos da visita.