O 14 de maio do 2026, Antonio Garcia Teijeiro, autor do libro “Poemar o Mar”, premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil puxo o broche de ouro á Semana das Letras Galegas, visitando a nosa escola e a aula que leva o seu nome. O alumnado agasallouno recitando algúns dos seus poemas e a biblioteca encheuse de maxia mentres disfrutamos de recitados conxuntos, dunha amena charla, das aventuras do monicreque Martiño e unha boa dose de bo humor.


No hay comentarios:
Publicar un comentario