viernes, 31 de mayo de 2019

OLGA CUERVO





Os máis pequenos do cole, Infantil 3 e 4 anos, pasaron un rato moi agradable con Olga Cuervo, contacontos chegada de Asturias a cargo da editorial SM.
Contounos o conto de Cocorico e  transformounos a todos e todas en piratas.



























miércoles, 29 de mayo de 2019

CLUB DE LECTURA

Cada vez estamos máis preto de fin de curso e toca gardar todas esas dinámicas que fixeron os nosos aprendices de magos.
Para iso que mellor que un  lapbook.
Xa veremos o resultado cando o rematen.




























martes, 28 de mayo de 2019

BENXAMÍN NOVOA




Unha vez máis, volvemos contar coa visita de Benxamín Novoa. 
Esta vez tocoulle a quenda aos nenos e nenas de Infantil 5 anos e 1º de Primaria.




Cos máis pequenos falaron do ratiño Pérez e os dentes, raíñas, príncipes e bruxas.

Tamén inventaron un conto.











Agora a rapazada de 1º. 
Pasaron un bo intre falando de monstros. 
Sabedes que os nenos e nenas non son os culpables de que cando se poñen en fila ao tocar o timbre, armen balbordo?.
Toda a culpa tena o MONSTRO DO RECREO, que lles obriga a vir correndo.
E as  profes  rifándolles por non estar tranquiliños na fila....
Así, que mamis e papis, xa sabedes, a culpa son dos diferentes monstros que nos obrigan a facer falcatruadas.






















jueves, 23 de mayo de 2019

CLUB DE LECTURA

Aquí temos outra dinámica do club de lectura.
Hoxe tocou ordear cronolóxicamente acontecementos do libro.









Nesta outra, ponse un fragmento do libro e teñen que descubrir en que capítulo acontece.







Volveron facer o da frase falsa.




E para rematar, o combate amistoso. Onde se facían preguntas/respostas.


martes, 21 de mayo de 2019

COCIÑANDO CONTOS

  





A mamá de Sara de infantil 5 anos A, viu falarnos do seu país, Venezuela.
Leunos o conto "¿Dónde está Venezuela?".
Tamén nos amosou un vídeo, onde o  tío de Sara, toca un instrumentro típico de alí, o quatro.








Explicounos que a diferencia entre o traxe típico de Colombia e o de Venezuela son as estrelas na cinta azul do vestido na parte do peito.





Entre todos e todas pintamos a bandeira de Venezuela.













E para rematar... arepas !.