viernes, 23 de diciembre de 2022

Iniciado o Nadal!

 Esta foi unha semana de celebracións!

Bailes e panxoliñas, visita das axundantes de Papá Noel, creación de adornos, preparación de cartas e postais,...

Dende o equipo de dinamización da lingua galega xunto coa biblioteca deixámosvos uns modelos de cartas inclusivas con pictogramas para Papá Noel e os Reis Magos.

 

Tamén vos deixamos un conto dos Reis Magos para que poidades gozar da súa lectura nestas vacacións de Nadal.

Podedes aproveitar para pasarvos polo blogue do equipo de dinamización da lingua galega onde tamén podedes encontrar unha carta dirixida ao apalpador.

http://medrandocoanosalingua.blogspot.com/

Aquí van unhas recomendacións lectoras.


Ademais esta semana tamén tivemos sorteo da loteria de Nadal no restaurante "O faladoiro das pombas".


E cun menú moi especial... pecha as súas portas ata o próximo trimestre.

Finalmente queremos mostrarvos a felicitación do Nadal chea de agarimo elaborada polo alumnado de 6ºde Primaria dirixida a residencia de maiores de Campolongo en Pontevedra.
Que bo xesto de solidariedade! Felicitacións!


Deseámosvos moi bo Nadal e un próspero ano novo cheo de novas aventuras na Biblioteca Castelao!

Vémonos en Xaneiro!

viernes, 16 de diciembre de 2022

Novo restaurante no cole

Presentámosvos o restaurante 

"O FALADOIRO DAS POMBAS" 

creado polo alumnado de 2º de Primaria.

Todos os días crean un menú saúdable e diferente para que os seus clientes gozen dunha boa comida.

Neste restaurante atendese preferentemente en galego.


E...a piques de acabar a primeira tempada no noso restaurante nen@s e profes aproveitan a facer as súas últimas reservas.


Pero que ben se come no restaurante e que bo trato!
Cada día sorpréndennos con exquisitas receitas e con descontos en toda a súa carta.
Grazas "Faladoiro das pombas"!

viernes, 9 de diciembre de 2022

martes, 6 de diciembre de 2022

Día da Diversidade

 "No Pombal encaixamos todxs"

Esta semana celébrase o día da diversidade.

Dende o equipo de normalización da lingua galega e a biblioteca celebrámolo así.

O alumnado de Infantil decoraron as pezas con diferentes texturas: dende a terra, sementes, alimentos naturais co seu fermoso colorido, ata outros máis elaborados pero moi básicos na alimentación (fariña, pan raiado, pasta,...).


Con todas esas pezas fixemos un paraugas cheo de distintas sementes, follas, terra, plantas,... Con diversos mensaxes colgados e co lema: 

"A diversidade enriquécenos. Sementa igualdade e respecto"


Deixámosvos tamén unhas recomendacións lectoras


Tod@s cabemos no mesmo paraugas!