lunes, 30 de marzo de 2026

EXTRA EXTRA! A PRENSA CHEGA!

O Venres, con motivo do mes da prensa fixemos o noso tradicional Kiosko da man de Farodevigo. 




Grazas a esta actividade queremos continuar fomentando a lectura diaria acercando ó alumnado ós xornais e desenvolver neles o hábito de informarse, entender a actualidade, desenvolver o pensamento crítico e como non, preparar para a vida real, aprendendo habilidades prácticas como a compra - venta e a adquisición de bos modales nas relacións sociais.







Que sigades disfrutando da actualidade!!!


miércoles, 25 de marzo de 2026

VISITA DE IRIA MISA

 Hoxe, as nenas e nenos de 6º EP puideron desfrutar da escritora Iria Misa xunto o seu libro "Unha veciña de película" ocal nos previamente xa o leramos.
 Foi un encontro onde aprendimos de primeira man por que escribiu este conto, relatounos curiosidades e despois puidemola encher de preguntas. 

Unha xornada cun moi bo "sabor de letras"

Moitas grazas pola visita




!!

sábado, 21 de marzo de 2026

VISITA DE ÉRICA ESMORÍS

O martes coa visita de Erica Esmoris , a autora dos contos "Patio de luces" e "Erín e o lobo" que están lendo o noso alumnado de 4° e 5° respectivamente. 





Foi un encontro onde escoitamos as súas motivacións e proceso creativo, e por conseguinte foi un gran impulso e ilusión cara nós para continuar lendo e escribindo. 



MOITAS GRAZAS!

lunes, 16 de marzo de 2026

A BIBLIO ....NO TEATRO!

 Onte a biblioteca púxose ...moi artística! 🎭

Cambiamos por uns intres as estanterías polo teatro para describir como as historias que lemos tamén poden subirse ó escenario e cobrar vida. 

A obra ademais deixóunos unha bonita mensaxe: aceptar e valorar ás persoas tal e como sono, independentemente da súa orixe🌎

Dentro do noso PDI sobre a arte continuamos fomentando a lectura dunha forma diferente: lendo, imaxinando... E desfrutando do teatro!



domingo, 15 de marzo de 2026

8M

 Moi boas pombaleiras e pombaleiros!

Nesta entrada queremos facer fincapé no 8M, pois non ten que quedar coma un día illado, senon que o 8M son tódolos días.








Nesta imaxe podedes ver como está decorado a entrada do noso cole onde podemos ver reflectido unha muller chea de flores e mais unhas marabillosas artistas que ademais de mulleres son Galegas. A maiores elas van acompañadas dalgunha das súas obras e mais hai uns QR os cales podedes dixitalizar para aprender mais cousas acerca delas. E quen sabe...igual tamén vos inspiran para a vosa creación do reto da biblioteca deste mes de Marzo,  *a pintura* .

Un saúdo

viernes, 6 de marzo de 2026

VISITAMOS MUSEOS

OLA!

O outro día animámosvos a visistar a casa das artes para desfrutar en familia dunha xornadas nun museo e vistar obras de arte. 

Por tal motivo fixemos esta presentación para que teñades mais información do que é un museo, que poder facer alí, qué tipo de museos hai e cales poder atopar en Vigo...























Desexamos que vos sirvan pero sobretodo que desfrutedes destas actividades de lecer,











miércoles, 4 de marzo de 2026

RETO DE MARZO

 Ola!! Xa está aquí Marzo e con el un novo reto dende biblioteca. 



Propoñémosvos que vos mergulledes no mundo da pintura, cheo de luz e cor aproveitando que está a piques de chegar a primavera. 



Ademais convidámosvos a visitar a casa das artes onde poder gozar coas obras de Laxeiro e Barreiro nestas datas e así inspiraros, pero sobretodo, para un tempo de lecer en familia. 

A por todas artistas!