Coa chegada do bo tempo, o Equipo de Patios Dinámicos, en colaboración coa biblioteca, puxo no porche da entrada do comedor, un carro con diferentes libros.
lunes, 28 de mayo de 2018
martes, 22 de mayo de 2018
lunes, 21 de mayo de 2018
LETRAS GALEGAS NO COLE
A profe Angélica (Coordinadora do EDL), fixo para os nenos e nenas de infantil e 1º de Primaria, unha pequena sesión de contacontos, onde se transformaba en María Victoria Moreno .
Contoulles de que ían os seus libros e animounos a.....
SE QUERES SABER O QUE PASA, LÉVAO PARA A TÚA CASA. (Están todos na biblio do cole).
No seguinte vídeo, podedes ver un pouquiño do festival do Día das Letras Galegas.
Contoulles de que ían os seus libros e animounos a.....
SE QUERES SABER O QUE PASA, LÉVAO PARA A TÚA CASA. (Están todos na biblio do cole).
No seguinte vídeo, podedes ver un pouquiño do festival do Día das Letras Galegas.
jueves, 10 de mayo de 2018
A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.
"Cantares Gallegos", está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna.
A proposta de celebrar ese Día foi formulada por tres membros da Real Academia Galega, Manuel Gómez, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego.
A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro seguíndolle en anos posteriores: Alfonso Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas...
Fontenla Leal e Manuel Curros Enríquez, dende Habana, deron os primeiros pasos para a creación dun organismo que loitara pola lingua e a cultura galega e así, un 30 de setembro de 1906 celebrouse no salón de actos da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña a constitución e primeira reunión da Real Academia Galega.
A primeira sede foi no Pazo Municipal de A Coruña, pasando posteriormente a un edificio da Rúa Tabernas, propiedade dunha das académicas, a condesa de Pardo Bazán.
O seu primeiro presidente foi Manuel Murguía, marido de Rosalía de Castro.
María Victoria Moreno MárquezMaría Victoria Moreno Márquez naceu en 1939 na vila cacereña de Valencia de Alcántara. Ao chegar a Galicia, como profesora de instituto, converteuse nunha firme defensora do noso idioma. Escribiu unha chea de libros de literatura infantil e xuvenil en galego e chegou a dirixir a Colección Árbore da Editorial Galaxia. Este ano 2018 a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras pola seu compromiso coa defensa da nosa lingua e da nosa literatura. María Victoria Moreno é a cuarta muller que se homenaxea nesta celebración dende a súa creación pola Real Academia no ano 1963.Dende o Ceip De Rubiáns achégannos uns xogos sobre a autora, preme na imaxe e aprende xogando: |
IAGO LÓPEZ
Os nenos e nenas de 1º de Primaria, pasaron un rato co animador Iago López.
Visita ofrecida pola editorial Xerais /Anaya por traballar o libro "Agente Ricitos".
Neste vídeo podedes ver o ben que o pasaron:
martes, 8 de mayo de 2018
V QUEDADA LITERARIA
Hoxe, no Parque de Castrelos, o alumnado de Infantil ( 3 anos B, 4 anos A/B e 5 anos B) máis os de 4º de Primaria, poideron participar na actividade da Quedada Literaria.
No seguinte vídeo queda resumida toda esta xornada onde os protagonistas son os libros e os nenos e nenas .
No seguinte vídeo queda resumida toda esta xornada onde os protagonistas son os libros e os nenos e nenas .
miércoles, 2 de mayo de 2018
CHARLA NA BIBLIO
O luns 30 de abril, o equipo encargado do horto do cole, organizou unha charla na biblioteca, sobre "As nosas árbores dos nosos bosques", levada a cabo por Marcelo. (Faia Educación Ambiental).
Explicounos cales son as árbores autóctonas dos nosos bosques e como se reproduce a flora e a fauna que viven neles.
O alumnado de 2º de primaria poideron ver niños de paxaros, rochas e diferentes elementos do ecosistema dos bosques galegos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)