Esta foi unha semana de celebracións!
Bailes e panxoliñas, visita das axundantes de Papá Noel, creación de adornos, preparación de cartas e postais,...
Dende o equipo de dinamización da lingua galega xunto coa biblioteca deixámosvos uns modelos de cartas inclusivas con pictogramas para Papá Noel e os Reis Magos.
Tamén vos deixamos un conto dos Reis Magos para que poidades gozar da súa lectura nestas vacacións de Nadal.
Podedes aproveitar para pasarvos polo blogue do equipo de dinamización da lingua galega onde tamén podedes encontrar unha carta dirixida ao apalpador.
http://medrandocoanosalingua.blogspot.com/
Aquí van unhas recomendacións lectoras.