martes, 21 de abril de 2026

XORNAL DO COLE "POMBALEDUCA"

 No mes de Marzo, como sabedes celebramos a semana da prensa, onde cada aula realizou diferenets tarefas en relación aos xornais, dende instalacións artisticas dalguns dos mais pequenos e motricidade fina ata grandes noticias. 

Dende a biblioteca quixemos levar a cabo o noso propio fascículo que leva por nome "POMBAL EDUCA". Neste tomo participou todo o centro educativo. Cada aula escolleu unha muller relevante na historia, na ciencia, na arte ou noutros ámbitos, co obxectivo de darlle visibilidade ao papel das mulleres na sociedade.


O alumnado tivo que investigar sobre a súa vida e obra, buscar información en diferentes fontes, analizala e seleccionar os datos máis importantes. Despois, con toda esa información, elaboraron unha noticia xornalística sobre a muller escollida, traballando así a expresión escrita e o formato informativo.


Finalmente, coas noticias creamos o noso propio xornal que podedes atopar aquí abaizo e se o queredes ter nas vosas mans, na entrada do noso cole, no novo recanto de espera.

Unha vez mais levamos a cabo unha actividade colaborativa e enriquecedora para todo o alumnado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario