Hoxe deixamos outras 3 recomendacións!
Abride ben as orellas e os ollos para no perdervos nada do que nos din.
Hoxe deixamos outras 3 recomendacións!
Abride ben as orellas e os ollos para no perdervos nada do que nos din.
Que mellor maneira de festexar o día do libro coas recomendacións dos nosos pequenos grandes lectores do cole?
Aquí vos deixamos algunhas delas:
QUIEN SOY?
A semana pasada rematamos coa visita de Sabela Gago, unha actriz teatral, mestra, contacontos e animadora de lectura infantil.
Presentou ao alumnado de 4°EP o seu conto estrela: "As tres galiñas e o rei" sen antes facer unha animación entre o alumnado para atraer a súa atención e centralos na posterior escoita a través de xogos de expresión oral.
Finalmente, Sabela estableceu un pequeno diálogo co alumnado no que se fixo alusión a roles de xénero así como aspectos de igualdade tratados no conto.
No mes de Marzo, como sabedes celebramos a semana da prensa, onde cada aula realizou diferenets tarefas en relación aos xornais, dende instalacións artisticas dalguns dos mais pequenos e motricidade fina ata grandes noticias.
Dende a biblioteca quixemos levar a cabo o noso propio fascículo que leva por nome "POMBAL EDUCA". Neste tomo participou todo o centro educativo. Cada aula escolleu unha muller relevante na historia, na ciencia, na arte ou noutros ámbitos, co obxectivo de darlle visibilidade ao papel das mulleres na sociedade.
O alumnado tivo que investigar sobre a súa vida e obra, buscar información en diferentes fontes, analizala e seleccionar os datos máis importantes. Despois, con toda esa información, elaboraron unha noticia xornalística sobre a muller escollida, traballando así a expresión escrita e o formato informativo.
Finalmente, coas noticias creamos o noso propio xornal que podedes atopar aquí abaizo e se o queredes ter nas vosas mans, na entrada do noso cole, no novo recanto de espera.
Unha vez mais levamos a cabo unha actividade colaborativa e enriquecedora para todo o alumnado.
O xoves pasado tivemos a sorte de contar con Miguel Alonso Díaz con quen desfrutamos da súa obra Axencia Galega de asuntos máxicos e puidemos coñecer de primeira man o proceso creador desta marabilla de libro.
Un auténtico pracer de gozar desta experiencia
Esta semana Ratonciño Pérez e mais Castelao volveron facer das súas e tras o susto que nos deron petando forte nas portas deixáronnos este penúltimo reto. Nesta ocasión contamos coa arte da Literatura conmemorando así o día do libro. A primeira parte do reto o faremos todos xuntos nas aulas, pero se alguén quere, na súa casa, poderá escribirnos unha pequena recomendación do seu libro favorito. Animádevos a compartir novos títulos, non hai mellor cousa que difundir saber, transmitir coñecementos e aportar experiencias! 📚✨
Moi boas!
O mércores por fín puidemos levar a cabo o apadriñamento lector que se ía a celebrar por Rosalía, pero por motivos varios foise atrasando, pero non pasa nada, que para celebrar sempre hai tempo e ganas, e para ler moito máis.
Ademais xa estamos no mes do 📕 día do libro 📕así que con máis motivo festexámolo. O ambiente do cole foi un auténtico luxo e pracer. Sigamos desfrutando da lectura 📖📚✨
Olaaa!!! Aquí está unha pequena mostra das obras feitas polo noso alumnado superando así o reto de Marzo relacionado coa pintura.
Non hai reto que se nos resista!!
Ola familias! Xa estamos de volta e querémosvos ensinar algúns cambios.
📚✨ NOVO RECANTO NA ENTRADA ✨📚
Dende a biblioteca creamos un pequeno espazo pensado para as familias 💛
Mentres esperades, podedes:
👉 Descubrir as novidades da biblio
👉 Botar unha ollada aos libros creados polo noso alumnado.
Un recanto para facer a espera máis doce e, ao mesmo tempo, compartir todo o que traballamos nas aulas 📖🎨
Agardamos que vos guste… e que o desfrutedes moito! 😊