martes, 30 de abril de 2024

RECREOS BIBLIOTECARIOS 6

 Na sexta xornada de recreos bibliotecarios, os rapaces e rapazas de sexto elaboraron unhas bonitas postais para o "día do libro". Pero non foron unhas postais calqueira: instalaron en cada unha delas un pequeno  circuito eléctrico e fíxose a luz!!!

Mirade que concentrada e "iluminada" estaba a rapazada.



                                           


                                            


                                              

                                             















Ata a seguinte actividade...























lunes, 29 de abril de 2024

DESAFÍOS Nº 5

O equipo de biblio visitou por sorpresa as clases dos que participastes nos desafíos para agasallarvos con un pequeno detalliño. Mirade que contentos e contentas:













Despois desta pequena sorpresiña,  voltamos con 2 novos desafíos, xa vamos cos número 5!!!!
Pero antes quereredes saber as respostas dos desafíos número 4, non si?
 
Pois, estas son:



E agora os desafíos número 5. Complícase un pouco máis a cousa, así que a facer traballar as neuronas.
    



                                                    



Non fará falta lembrarvos que podedes introducir as vosas respostas no buzón da biblio ata o venres 10 de maio.

                Seguinte desafío: 
                 Luns, 13 de maio.









miércoles, 24 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO. NOVO APADRIÑAMENTO LECTOR

Este 23 de marzo, celebramos un día moi importante para a biblioteca e para todo o cole, xa que, os libros son compañeiros de viaxe, ou deberían selo, nas nosas vidas: 
Para empezar, durante esta semana,os rapaces e rapazas de 3º fixeron un bonito traballo convertíndose en publicistas, deseñando carteis que poñen en valor a lectura, as bibliotecas e a celebración do "día do libro".



E, para rematar con "broche de ouro", nova xornada de apadriñamento lector. Desta vez tivemos moita sorte, pois o tempo foi o noso aliado, agasallándonos con un precioso e soleado día.

Por segunda ocasión neste curso, e debido ao éxito de convocatoria, disfrutamos dunha xornada de lecturas e momentos compartidos.                            

Grandes e pequenos repetiremos, sen dúbida, esta fermosa actividade proposta pola nosa biblio.

Eiquí deixamos un vídeo e un vídeo-montaxe de fotos que resume momentos do acontecido en pouco máis de media hora.

            





FELIZ DÍA DO LIBRO

jueves, 18 de abril de 2024

BIBLIOTECA NEIRA VILAS: 3º A

Continúan as visitas á biblioteca Neira Vilas. Desta vez tocoulle á rapazada de 3º A.

A temática foi a vestimenta en todas as súas facetas. Ademais de aprender moitas cousas sobre o tema, crearon algúns complementos con las de cores:  pulseiras, colares e cinturóns. Que entretido!!!

As imaxes falan por si soas....mirade.











Vémonos pronto!!!



martes, 16 de abril de 2024

O NOSO COLE NA PRENSA

Lembrades o noso quiosco pombaleiro de prensa co Faro de Vigo a 1 €?. Foi todo un éxito de ventas. 

Pois xa pasou máis de un mes, pero hoxe saímos en Faro Educa. 

Mirade!!




lunes, 15 de abril de 2024

DESAFÍOS Nº 4

 Xa estamos outra vez con 2 novos desafíos, os número 4.

Pero,antes de nada, as respostas correctas aos desafíos número 3.
 
Estas son as solucións:



E agora os novos desafíos para esta quincena:


Introduce as túas respostas no buzón da biblio ata o venres 26 de abril.

Seguinte desafío: 
Luns, 29 de abril.