lunes, 21 de junio de 2021

DESPEDIDA

Ola, aquí estamos unha vez máis. Xa sabemos que non é venres e que non toca entrada no blogue pero queriamos estar convosco o último día deste curso.

O primeiro, deixarvos a guía das recomendacións de lecturas para este verán.

Coma se estiverades no cinema, tedes que elixir a sala que vos corresponda para poder ver na pantalla os diferentes libros.

Esperamos que vos guste.







E AGORA...




Como ben sabedes, propuxeramos un reto anual para facer a vosa propia película.
Aquí  deixámosvos o curto que fixo o alumnado de 6ºB e as súas titoras.

Premede na imaxe para vela.


O alumnado de 6°A tamén fixo o seu corto coa axuda de Fátima.



As familias de infantil 5 anos A , tamén quixeron sentirse directores, produtores, cámaras e encargados de vestiario facendo unha pequena película como agasallo para a titora dos seus fillos e fillas.
Este foi o resultado.




E xa para rematar este "Curso de película", aquí vos deixamos unhas fotos da visita de Alberto Avendaño e "A tropa contra o virus", da editorial Xerais.






















                                                    




    


















E CON TODO  ISTO XA NOS DESPEDIMOS.


Castelao e o Rato Pérez













viernes, 18 de junio de 2021

viernes, 11 de junio de 2021

UN CURSO DE PELÍCULA

 Aquí estamos un venres máis con vós.

Xa estamos a piques de rematar o curso, así que tamén pechamos a biblio por vacacións.

O venres que vén será a derradeira publicación que faremos no blog este curso.

Na de hoxe, queríamos facerlle unha homenaxe aos verdadeiros protagonistas deste CURSO DE PELÍCULA. 

A todos os nosos pequenos heroes e heroínas que conseguiron rematar este curso tras mascarillas, hidroxel ,distancias de seguridade e grupos burbulla.

Por todo iso e máis...



Este vídeo vai dedicado a todos e todas vós.




 

ED. INFANTIL 3 ANOS A


 

 ED. INFANTIL 3 ANOS B


 

 ED. INFANTIL 4 ANOS A


 

ED. INFANTIL 4 ANOS B


 

 ED. INFANTIL 5 ANOS A


 

ED. INFANTIL 5 ANOS B


 

1º A


 

 

1º B


 

 

2º A


 

2º B


 

 

3º A


 

 

3º B


 

 

4º A


 

4º B


 

 

5º A


 

 

5º B


 

 

6º A


 

 

6º B


 

 

 

 

 


viernes, 4 de junio de 2021

Antonio García Teijeiro


Empezamos o mes de xuño coa visita dun gran escritor galego: Antonio García Teijeiro.

Os nenos e nenas de 1º de primaria, tiveron o gran privilexio de pasar un rato co pescador Martiño, que cada noite sae a pescar letras para formar palabras que a súa vez, forman "Poemar o Mar".




No seguinte vídeo, podedes ver un resumo desta visita chea de auga, sal, letras e emocións.





Cando estaba a piques de marchar, os nenos de 3º de primaria, querían facerlle a súa pequena homenaxe.

Este foi o resultado: 



MOITÍSIMAS GRAZAS


  

E mañán...








En 1972, Nacións Unidas proclamou o 5 de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente. A idea é que todos actuemos para asegurarnos agora e no futuro un hábitat máis limpo, verde e san.

Este é un gran día para celebrar cos nenos a beleza da natureza e ensinarlles algunhas cousas que podemos facer para protexela. Ofrecémosche unhas ideas para as mamás e os papás:




1.- Insina ao teu fillo a reciclar. Aínda moita xente pregúntase en que cubo do lixo tirar a lata de sardiñas ou o envase do deterxente e os nenos poden ensinar aos adultos.

2.- Un día sen coche. Explícalle ao teu fillo o valor da enerxía e por que para celebrar o Día Mundial do medio Ambiente, ides desprazar en bicicleta ou en transporte público.

3.- Organiza unha saída a un parque con bolsa e luvas para todos. Trátase de recoller todos os obxectos non biodegradables que atopedes no camiño. Aquí tes un experimento para explicar ao teu fillo o significado de biodegradable.

4.- Fálase moito de contaminación pero seguramente o teu fillo non entenda ben os seus efectos. Explícalle que é a contaminación cun sinxelo experimento.

5.- Prepara con el unha receita con restos da cea ou ingredientes que atopedes na casa. Aproveita para explicarlle a importancia que ten non tirar os alimentos. Cada ano refúgase un terzo da comida producida en todo o mundo. Os primeiros en tirar: os países occidentais. Estes excedentes na produción aumentan o gasto en auga e terra e a polución provocada por pesticidas e abonos. Todo iso favorece o efecto invernadoiro e o quecemento do planeta.

6.- As plantas son o pulmón da terra. Confecciona  un pequeno xardín caseiro. Ensínalle a facer pugas e plantar sementes.

7.- Fálalle do concepto de sustentabilidade. Confecciona coa súa axuda algunha manualidade con material reciclado ou ensínalle a facer pasta de papel. Serve para facer moitas cousas, desde cuncos -usando un globo como molde- ata obxectos para xogar.

8.- Lelle contos sobre "Como salvar o planeta" ou " Contos sobre a auga" que logo poderá debuxar.

9.- Entra na páxina do Día Mundial do Medio Ambiente:


10.- Cítalle a frase do secretario xeral de Nacións Unidade Ban Ki- Moon "Cando billóns de persoas unen os seus esforzos a favor dunha causa, é posible lograr un cambio".







PARA OS MÁIS PEQUES:








PARA OS MAIORES:






XOGOS:







BIBLIOGRAFÍA: