miércoles, 22 de abril de 2026

SABELA GAGO

A semana pasada rematamos coa visita de Sabela Gago, unha actriz teatral, mestra, contacontos e animadora de lectura infantil.



Presentou ao alumnado de 4°EP o seu conto estrela: "As tres galiñas e o rei" sen antes facer unha animación entre o alumnado para atraer a súa atención e centralos na posterior escoita a través de xogos de expresión oral.



O desenrolo do conto sempre tivo en conta a intervención aleatoria de algún neno/a mentres que o resto non só permanece como público. meramente pasivo si non que interactúa coa narradora ao longo de toda a historia.

Finalmente, Sabela estableceu un pequeno diálogo co alumnado no que se fixo alusión a roles de xénero así como aspectos de igualdade tratados no conto.






No hay comentarios:

Publicar un comentario