O alumnado de segundo aceptou o reto e participou no concurso "O Parque Nacional coa Escola" do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e foi premiado cunha visita guiada á Illa de Ons cos guías do parque nacional o día 30 de abril.
Os contos premiados elaboráronse de xeito colectivo e neles participou o alumnado e as familias.
Os traballos están expostos no Centro de Visitantes do Parque Nacional de Vigo (rúa Oliva 3).
Adxuntamos como mostra un dos contos: "Lúa e os seus amigos mariños", que está elaborado con diferentes técnicas e inclúe unha maqueta dos personaxes do conto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario