viernes, 27 de enero de 2023

Gañadores do concurso do logo da radio

 Xa dimos a coñecer os gañadores e gañadoras do concurso do logo da radio.

En 1º  lugar a Xoán de 5º B


En 2º lugar a Sergio, Miguel,  Benjamin e Xabier de 6º B


En 3º lugar a Sara de 5º A




Grazas a todos e todas por participar e parabéns aos participantes.

A semana que vén poñeremos  unha exposición polos corredores da biblioteca para dar visibilidade os vosos traballos.

jueves, 19 de enero de 2023

Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas

A Escola Galega de Administración Pública, EGAP, convoca o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas, orientado aos nenos e nenas galegos con idades comprendidas nestas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos.

Os contos deberán redactarse en lingua galega e a súa temática será libre, á elección das persoas participantes.

Os textos deberán ser presentados en folios A4, mecanografados por unha soa cara, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman, tamaño 12, e cunha extensión mínima dun folio e máxima de cinco.

Premios para cada unha das categorías:
1º premio: 250 euros
2º premio: 200 euros
3º premio: 150 euros

Entrega: Preferiblemente por vía electrónica a través dunha solicitude dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia:

https://sede.xunta.gal

O código da solicitude é PR775A. Tamén se pode entregar presencialmente.

O prazo para presentar os relatos estará aberto ata o 17 de febreiro de 2023

 Documentación que tes que entregar:

1. Presentación electrónica:

a) O texto do conto. Este arquivo nomearase co título do conto e co pseudónimo da persoa autora.

b) Unha copia do libro de familia onde consten o nome, os apelidos e a idade do/da menor que se presenta ao concurso.

c) Solicitude: https://sede.xunta.gal co código PR775A.

2. Presentación presencial:

a) Un sobre tamaño folio pechado, coa seguinte inscrición: Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas, acompañado do pseudónimo e o título do conto. Este sobre incluirá o texto do conto en folio formato A4.

b) Unha copia do libro de familia onde consten os datos de nome, apelidos e idade do/a menor que se presenta ao concurso.

c) Solicitude: https://sede.xunta.gal co código PR775A. Máis información no DOG do 17 de xaneiro de 2023

 Animádevos a participar! 

 Convidámosvos a que visitedes tamén o blogue de normalización lingüística:

http://medrandocoanosalingua.blogspot.com/?m=1

domingo, 15 de enero de 2023

Tardes na Biblioteca Castelao!

Temos boas novas!

A Biblioteca Castelao volve abrir as súas portas en horario de tarde os 

martes de 16:00-17:00.

Podedes vir coas vosas familias para consultar, ler e facer préstamos neste horario. 


O equipo de biblioteca estará encantado de recibirvos.

viernes, 13 de enero de 2023

Comezamos 2º trimestre!

Nesta semana de volta das vacacións de Nadal a caixa de correos do concurso do logo da radio quedou cheiña de propostas.
Damos por rematado o concurso. Moitas grazas polas vosas propostas!
Agora é momento de velas todas e decidir un gañador/es. Moita sorte a todos/as!
Estade ben atentos porque moi pronto anunciaremos cal é o logo que formará parte da nosa radio.
 O gañador/es terá premio por suposto e o resto dos logos quedarán expostos no pasillo da nosa biblioteca.

Por outra banda, no Faladoiro das pombas arrancaron semana sorprendéronnos cunha exposición de esculturas. Todo iso incluíndo distintos idiomas para que todos os seus clientes puidesen gozar dela.
Que boa idea!
Con que máis cousas sorprenderannos?

Ficade atentos porque se achegan cousiñas á nosa biblioteca!