jueves, 31 de enero de 2019

A XACIA LUVIÑAS

 Rematamos o mes de xaneiro, cunha visita moi especial.Os nenos e nenas de 1º de primaria, tiveron a sorte de pasar un bo rato coa Xacia Luviñas e máis Anxo Moure.
No seguinte vídeo, podedes ver a de cousas que aprenderon sobre o coidado da natureza.






QUEDADA LITERARIA

Xa tivemos no noso cole, a primeira xuntanza para organizar a VI Quedada Literaria que terá lugar no Parque de Castrelos no mes de maio.
Este ano estamos anotados 12 coles, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello e como viñemos facendo ata agora, a Biblioteca Neira Vilas participará no acto de clausura.
Xa vos iremos contando.


















HORA DE LER

Alumnado de Inf. 4 anos B.











martes, 29 de enero de 2019

MALETAS VIAXEIRAS

Aquí vos deixo unha foto dun comentario que puxeron no Caderno de Bitácora un neno de 3º de primaria.
Así da gusto traballar !!!   GRAZAS













































sábado, 19 de enero de 2019

BANDA DESEÑADA

VIII SEMANA DO CÓMIC










Nas mesas da biblioteca hai colocadas diferentes actividades para traballar o cómic.





Como levamos facendo nestes dous últimos anos,imos ter na biblioteca uns obradoiros de banda deseñada.
A novidade este ano é que os máis peques do cole tamén van facer o seu cómic.

Para os nenos e nenas de 4 e 5 anos de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria; será Jorge Campos o encargado de acercar ao noso alumnado ao mundo da banda deseñada.




 

O autor de Alter.Nativo, volve de novo ao noso cole, cando está a piques de rematar o seu próximo proxecto: "Maestra en apuros".









Para o alumnado de de 4º, 5º e 6º de primaria, Daniel Docampo, voltará ao cole para dar un obradoiro de Manga.


























martes, 15 de enero de 2019

DÍA DA PAZ

LIBROS SOBRE A PAZ

O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz.
Na biblioteca, puxemos unha exposición de libros e Unidades Didácticas para traballar este día.






lunes, 14 de enero de 2019

NÓS TAMÉN CONTAMOS



Esta semana , a maleta "NÓS TAMÉN CONTAMOS", xa empezou a viaxar por todas as aulas do noso cole.
Estará unha semana en cada clase.
Nela, poderán ver os libros feitos por todo o alumnado a final de cada curso, onde se recollen  os traballos relacionados co tema elexido cada ano: A ciencia, Os contos, As marabillas do mundo, ...

domingo, 13 de enero de 2019

REBAIXAS


COMENZAN AS REBAIXAS

Do: 14 de xaneiro
Ao: 1 de febreiro





Cada vez que vaiades a biblioteca, podedes levar dous libros en vez de un.