jueves, 29 de junio de 2023
lunes, 19 de junio de 2023
AGASALLOS DOS DESAFÍOS
Ola de novo, prometimos premiar aos máis participativos nos desafíos ao longo do curso, así que, eiquí vos deixamos as entregas de agasallos para que vexades que somos de palabra e non vos olvidamos. Houbo agasallos para os nenos e nenas que participaron en todos os desafíos de xeito individual e tamén para as aulas que participaron en grupo.
Déixovos algunha fotos da entrega de premios.
Se queredes....o curso que ven haberá máis.
Vémonos o curso que ven....SUPER DESAFIADORES!!!
miércoles, 7 de junio de 2023
Animación de Benxamín Míguez Novoa
O alumnado de 4º de Primaria tivo onte a oportunidade de contar coa animación de Benxamín Míguez Novoa.
Foi un coloquio sobre o libro que leron de Pilar Lozano "Hugo busca amigos".
Falouse sobre os robots, a necesidade de ter amigos e das relacións que se entablan dentro do entorno familiar, dos desexos e dos sentimentos.
Toda a rapazada participou dun xeito moi activo e con moita atención.
De este modo damos por rematadas as animacións de este curso 22-23.