Mostrando entradas con la etiqueta Teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Teatro. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de marzo de 2026

A BIBLIO ....NO TEATRO!

 Onte a biblioteca púxose ...moi artística! 🎭

Cambiamos por uns intres as estanterías polo teatro para describir como as historias que lemos tamén poden subirse ó escenario e cobrar vida. 

A obra ademais deixóunos unha bonita mensaxe: aceptar e valorar ás persoas tal e como sono, independentemente da súa orixe🌎

Dentro do noso PDI sobre a arte continuamos fomentando a lectura dunha forma diferente: lendo, imaxinando... E desfrutando do teatro!



viernes, 4 de abril de 2025

UN POUCO DE TODO

Esta semana tivémola cargadiña de actividades na biblio.

Empezamos coa visita de   Miguel A. Alonso Diz, que pasou un bo rato falando do libro o "Soño de Emma" co alumnado de 1º de primaria.

                                 

    


















Os maiores do cole, xunto con Andrea Maceiras e o seu libro "A folla azul", trasladáronse a Amazonia e compartiron moitos segredos con Husu Aké e a súa tribo. 










O día 2 de abril celébrase o Día do libro Infantil e Xuvenil, así que quixemos celebralo  na nosa biblioteca de proximidade (X. Neira Vilas) .
Despois de escoitar os contos que tiñan preparados para eles, fixeron un libriño onde podías diseñar diferentes personaxes.






E como broche final, agasalláronlles cun libro a cada neno e nena.



Tamén no cole quixemos celebrar ese día na nosa biblio. Aquí están  escoitando o conto  " Las 10 cestas de Caperucita".







E para rematar esta semana chea de actividades, a Editorial Consorcio, en colaboración con A Xanela do Maxín, representaron un teatro de títeres (os actores e actrices foron os nosos axudantes bibliotecarios), onde o título era: Xogar para cambiar en igualdade: Rachando co guión"







Aquí vos deixamos un anaquiño da obra para que vexades que ven o fixeron.








E agora, rematamos esta semana tan cargadiña de cousas co último reto deste curso, pero non sin saber antes a solución dos anteriores.



















martes, 21 de junio de 2022

FELIZ VERÁN


Despedimos este curso coa última actividade organizada dende a biblio do cole: O MERCADILLO SOLIDARIO.


O xoves 16, a protectora Os Biosbardos estivo cos máis peques do cole contándolles un pouco sobre o traballo que están a facer no refuxio.






    






Para 5º e 6º, o voluntariado do Banco de Alimentos de Vigo , explicoulles aos máis maiores do cole, a importancia de poñerse na pel das persoas máis necesitadas para lograr así unha igualdade social.





    





 E agora ... déixovos o vídeo do mercadillo:




O martes 21 o alumnado de 4º A representou unha obra de teatro ao alumnado de 5 anos e a 1º de primaria .
Aquí temos a Artur e Clementina!!!




Despois da actuación, unhas tartarugas de agasallo para estas actrices e actores tan experimentados.








Lupe (4ºA) transcribiu todo o libro de Arturo e Clementina a braille. En agradecemento deste esforzo, a biblio agasallouna con diferentes papeis de texturas e material para que poida facer os seus propios textos en braille.






                                                             

















E PARA REMATAR...


 DEIXAMOSVOS UNHAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN 2022.

 






O Equipo da biblioteca, desexámosvos a todas e a todos un ...