Este 23 de marzo, celebramos un día moi importante para a biblioteca e para todo o cole, xa que, os libros son compañeiros de viaxe, ou deberían selo, nas nosas vidas:
Para empezar, durante esta semana,os rapaces e rapazas de 3º fixeron un bonito traballo convertíndose en publicistas, deseñando carteis que poñen en valor a lectura, as bibliotecas e a celebración do "día do libro".
E, para rematar con "broche de ouro", nova xornada de apadriñamento lector. Desta vez tivemos moita sorte, pois o tempo foi o noso aliado, agasallándonos con un precioso e soleado día.
Por segunda ocasión neste curso, e debido ao éxito de convocatoria, disfrutamos dunha xornada de lecturas e momentos compartidos.
Grandes e pequenos repetiremos, sen dúbida, esta fermosa actividade proposta pola nosa biblio.
Eiquí deixamos un vídeo e un vídeo-montaxe de fotos que resume momentos do acontecido en pouco máis de media hora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario