domingo, 14 de abril de 2024

RECREOS BIBLIOTECARIOS 5

 Parece que por fin chegou a calor, pero seguimos coas nosas actividades dos recreos máis creativos e entretidos. Na biblio estase máis fresquiño, non si?

A rapazada de sexto estivo a experimentar coa robótica, elaborando os seus propios paneis sobre diversas temáticas elixidas libremente. Na primeira xornada consensuaron as temáticas, buscaron info en internet, debuxaron e, para rematar, elaboraron os diferentes taboleiros. Os temas decididos foron o corpo humán, bandeiras do mundo e escudos de equipos de fútbol.

Na segunda xornada puxeron a andar sobre os paneis os robots escornabots que temos na biblioteca.

A xulgar polas súas caras, non o pasaron nada mal.




















Deseñarán e fabricarán un avión ou unha nave espacial para a semana que ven....quen sabe!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario