Esta semana, visitounos o deseñador gráfico e escritor vigués David Rodríguez, que pasou un anaquiño do seu tempo cos peques de Infantil e de 3º de primaria.
Aos pequechos e pequechas de Educación Infantil contoulles unha historia moi interesante sobre unha superavoa, homenaxeando a todas as avoas. A avoa Rita garda un segredo: é unha superheroína!!!. Se non fose por ela e os seus superpoderes, o mundo viríase abaixo.
Como colofón, ao rematar o conto sorprendeunos sacando a súa guitarra e cantounos unha bonita canción sobre a superavoa.
Como colofón, ao rematar o conto sorprendeunos sacando a súa guitarra e cantounos unha bonita canción sobre a superavoa.
A rapazada de terceiro na súa sesión de contacontos.
Os nosos agradecementos a David.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario