jueves, 11 de abril de 2024

ANIMACIÓN A CARGO DE CONCHA BLANCO: 4º DE E.P.

Esta semana os nenos e nenas de 4º de primaria tiveron a gran sorte de contar coa visita de Concha Blanco, pedagoga, profesora e prolífica escritora, gañadora dunha morea de premios literarios: Barco de vapor, Merlín, O facho, Lecturas de Gálix...e moitos máis.

                          https://es.wikipedia.org/wiki/Concha_Blanco


A escritora e poeta faloulles sobre un dos seus últimos libros: 
"Eu tamén fun pequena".


O libro narra a historia da avoa Concha, que todas as noites antes de durmir conta ás súas pequenas netas lembranzas e cousas sobre a vida na súa aldea cando era pequena.
Ao rematar, ademais de asinar os libros da rapazada, colocou a súa estrela no noso particular "paseo da fama" xunto á estrela da súa filla, a tamén escritora María Canosa....cousas de familia!!








Eiquí tedes un vídeo dun momento da súa animación




No hay comentarios:

Publicar un comentario