domingo, 1 de noviembre de 2026

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

 📚🌊 INAUGURAMOS A NOSA BIBLIOTECA! 🌊📚

Durante estos meses estivemos traballando con moita ilusión intentando adaptala aos gustos e propostas do alumnado, recollidas ao remate do curso pasado. Queremos que sexa un espazo feito por e para eles e elas! ❤️






Con motivo do Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, vivimos unha semana moi especial na nosa biblioteca escolar do @ceipopombal, chea de xogos, retos, descubrimentos e moita ilusión.

Ao longo da semana, todas as aulas participaron nunha misión adaptada á súa idade:

🔎 Infantil converteuse en protagonista dun escape room que os conduciu ata a biblioteca, onde os agardaban as misións que lles deixara Castelao, a nosa mascota, relacionadas co mar.


🧩 1.º, 2.º e 3.º de Primaria resolveron pistas, buscaron información nas páxinas de diferentes contos e completaron un puzzle.




📚 4.º, 5.º e 6.º de Primaria superaron cinco retos para descubrir como se organiza a biblioteca, coñecer a CDU e aprender o importante labor das persoas axudantes: ordenar, limpar, organizar e coidar os libros.



Como recompensa, todos recibiron un agasallo mariñeiro de parte de Castelao, a nosa mascota, que tamén nos deixou unha mochila viaxeira para compartir lecturas en familia cada semana. 🎒





Ademais, cada curso terá unha misión ao longo do ano: investigar e traballar unha temática relacionada co mar, e xa para comezar deixóunos unha letra q cal temos que decorar.


Comeza así unha nova aventura na nosa biblioteca, un espazo para descubrir, imaxinar, aprender e navegar a través dos libros.


#DíaDasBibliotecas #BibliotecaEscolar #AnimaciónÁLectura #MochilaViaxeira #PDI