En primeiro lugar a rapazada de 6º B contou a súa propia experiencia.
Mirade, mirade o seu relato e que ben o pasaron:
"Hoxe fomos a un mundo extraordinario onde podes viaxar a través do tempo, viaxar a outras Galaxias e todo isto sen moverte do teu sitio.
Non, non fomos a un sitio que non esté ao teu alcance, fomos á biblioteca Neira Vilas, onde Mar (a bibliotecaria) ensinounos a apreciar o que está ao noso redor, específicamente o universo e as persoas que descubriron estas marabillas.
Por exemplo, explicounos que os nomes dos planetas e dos días da semana asócianse a nomes de deuses ou ás constelacións.
Agasallounos cuns planisferios e ensinounos cando o home chegou por primerira vez á lúa. En xeral a todos nos encantou."
No hay comentarios:
Publicar un comentario