Voltamos cos desafíos que tanto vos gustaron o curso pasado. Lembrámosvos as normas para que fagades todo de marabilla...aínda que xa tedes experiencia, non si?
Haberá 2 cores:
Para infantil, 1º, 2º e 3º de primaria
Seguro que tes moitas dúbidas, verdade?, pois sigue lendo...
CANDO?
Cada 15 días publicaranse dous novos desafíos e as solucións dos anteriores. Tamén seredes informados das datas de inicio e fin de cada un.
ONDE?
_ Nas corcheiras do cole, situadas estratéxicamente para que todos e todas poidades velas:
Entrada principal do edificio novo
Baixada ao comedor
Entrada dereita do edificio antigo
Entrada esquerda do edificio antigo
_ Neste blog
_ Nas redes sociais da biblioteca e do cole
RESPOSTAS AOS DESAFÍOS
Escribirás ou debuxarás (según mande o desafío) a túa resposta nun papel de tamaño cuartilla (1/4 de folio). Lembra poñer tamén o teu nome, apelidos e curso na parte de atrás. Meterás a túa resposta na caixa de correo dos desafíos (buzón) que estará na entrada da biblioteca.
Aquí tes que introducir a túa resposta
Haberá sorpresas a final de curso para os/as participantes.
Veña, anímate a participar, aprenderás unha morea de cousas sobre as plantas, o horto, a ecoloxía e a natureza.
Estes son os 2 primeiros desafíos...
Desafío 1: dende o 6 de febreiro ata o 20 de febreiro
Esperamos as vosas respostas. Veña, animádevos a participar, son moi faciliños e aprenderedes unha morea de cousas sobre as plantas, o horto, a ecoloxía e a natureza. E alimentádevos ben para ir nutrindo a vosa mente, porque os que temos preparados van ser moito máis difíciles.
Ah!!, en breve tamén poderedes aprender mentres vos divertides cos novos xogos virtuais que estamos a preparar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario